luns, 13 de abril de 2020

Entrevista a Ana Serra do Obradoiro Medialúa [COIRO]


Ana Serra no seu Obradoiro
E despois dun pequeno parón de "vacacións" dentro dun periodo de confinamento volvemos cunha entrevista a Ana Serra, de Medialúa.



-¿Cómo empezaches no coiro?
Con 18 anos empecei a estudar interiorismo na escola de artes e oficios Mestre Mateo de Santiago. Alí coñecín a unha compañeira moi hippy que levaba unha bolsa de coiro para os lapis, quedei fascinada e pedinlle aprender con ela, fixen a primeira peza, unha pitilleira,e nunca mais deixei de traballar o coiro.

-¿Que ten o coiro que non teña outro material?
Infinidade de posibilidades.

-¿Dentro das técnicas que coñeces, cal é a túa favorita?
O modelado.

-¿Que peza tes ganas de facer e aínda non fixeches?
Unha sombrereira.

-¿Que consello lle darías a alguén que está a empezar?
Aprender moi ben o oficio, tendo oficio podes decidir facer o que queiras
e decidir o camiño que queiras.

-¿Tes algunha ferramenta especial?
Teño varias ferramentas especiais, unha e a miña Pata pato.
A Pata Pato


-¿Tes algun referente no oficio que consideres como inspirador?
Sinceramente... non.





Baleirapetos

Flores

Riñonera/Rileira

Caixa

Datos de contacto:
Media Lúa.
Ana Serra Garcia
Camiño da chousa 2
36770 O Rosal
Pontevedra
639 833961
info@medialua.es
web.medialua.es
Instagram: medialua.artesania

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!