martes, 21 de abril de 2020

Coche, moto, bici [DEDUXO]

Para o alumnado do grupo Medio a proposta semanal para a libreta pequena vai ser:

COCHE, MOTO OU BICICLETA

Sei que estando na casa pode que sexa un motivo que non se atopa á man, pero paréceme unha proposta necesaria. Así como a semana anterior debuxamos algo orgánico como o peixe, esta semana propoño un motivo de "deseño", no que se teña que ter en conta a perspectiva ao encaixalo e teña que concentrarme en pequenos detalles que compoñen o todo.
Podedes debuxar tamén un coche de xoguete. Espero que poidades atopar o motivo sen problema e se non é así a proposta queda pendente para cando poidamos saír á rúa.

Deixo varios exemplos doutros anos:






Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!