luns, 27 de abril de 2020

Encaixe de palillos ou a liberdade do confinamento. Cap 16. TARMOT [ENCAIXE DE PALILLOS]

Hoxe falaremos sobre un encaixeiro finés, que continuando coa temática do encaixe mural ou espacial, produce algunhas propostas neste senso.







Na cidade de Rauma, na rexión de Finlandia occidental de Satakunta, foi fundada en 1442, converténdoa na terceira cidade máis antiga do país. É especialmente coñecido polo seu pintoresco dialecto rexional, a súa ampla tradición de confección de encaixes de palillos e os edificios de madeira moi ben conservados da cidade vella, temos a Tarmot, un encaixeiro que, onde queira que vaia, organiza un momento con encaixes e enche a súa cidade de elementos relacionados con esta tradición artística de Rauma.

Unha das propostas que fai Tarmot é iluminar a súa cidade con tradición encaixeira con encaixes e luz xigantes, xa que en Finlandia a luz solar desaparece moi pronto e as súas proxeccións deste xeito duran moito tempo, facendo feliz a esta vila mariñeira.


Tarmot, facendo o retrato do presidente finés, coa ténica do enaixe de palillos

Retrato rematado, do presidente de estado finés




Déixovos o seu enlace de instagram, @tarmot
Por medio deste artista podemos observar a interdisciplinaridade e ata onde se pode levar a nosa arte, só utilizando outras ferramentas diferentes. Un gustazo presentarvos a este artista encaixeiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!