Judith Lado |
-Empecei no coiro un día vendo facer unha pulseira.
-¿Que ten o coiro que non teña outro material?
-Gústame o coiro porque parece que recobra vida.
-¿Dentro das técnicas que coñeces, cal é a túa favorita?
-O corte, pero todas me gustan.
-¿Que peza tes ganas de facer e aínda non fixeches?
-Pois unha rileira para min.
-¿Que consello lle darías a alguén que está a empezar?
-Paciencia, moita paciencia.
-¿Tes algunha ferramenta especial?
-Si, un selo do meu avó. Tiña varios oficios, carpinteiro, zapateiro, ferreiro, e tiña ese sello para marcar as súas cousas.
-¿Tes algún referente no oficio que consideres como inspirador?
-Non teño ningún.
Selo do Avó |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!