Moucho tallado en sola realizado por Carmen Mariño |
Imos traballar un pouco coa cabeciña, na peza que imos realizar, e aproveitar materiais, xa que como moitos de vós non tedes material imos aproveitar o que temos por casa, unha cazadora vella, un cinto, uns zapatos gastados...
Así pois convídovos a relizar unha peza, do tipo que vós queirades, reciclando algo que teñades por casa, tedes ata o xoves pola tarde para enviar por mail ou whatsapp as fotos da vosa peza, as opcións son moitas. Debedes mandar foto da peza orixinal e a vosa creación.
O obxectivo desta actividade proposta para todos os niveis son:
-Coñecer outros tipos de coiro, xa que seguramente recicledes coiro ó cromo.
-Coñecer o traballo do coiro a nivel industrial desfacendo una peza.
-Deseñar unha peza partindo do material que teñades (Deseño de supervivencia ou Adaptación ó material).
Sorte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!