Neste artigo quero amosarvos a construción de obxectos en prata,
en concreto a través dunha empresa Vienesa,
a Wiener Silber Manufactur.
en concreto a través dunha empresa Vienesa,
a Wiener Silber Manufactur.
Floreriros Loa e Vesu deseñados por Zaha Hadid Architects e fabricados pola Wiener Silber Manufactur |
Aquí tedes o vídeo de como se elaboran eses floreiros de prata deseñados por Zaha Hadid, empregando as técnicas de forxa e cicelado, un exquisito e laborioso traballo que amosa que as técnicas tradicionais teñen cabida nas creacións máis contemporáneas.
A historia desta empresa remóntase ao ano 1882 cando o ourive Alexander Sturm a creou cumprindo así o seu soño, e satisfacendo a necesidade da clase media alta vienesa con cuberterías de prata e demais obxectos. O taller producía obxectos de calidade cun exquisito virtuosismo artesanal abarcando e adaptándose a unha enorme variedade de estilos.
O xoierio "Cassette Kolo Moser" foi un encargo do compositor Gustav Mahler para regalar a súa muller en 1902, e foi deseñado por Kolo Moser e construído por Alexander Sturm. |
Nos anos da Segunda Guerra Mundial os propietarios seguiron adiante coa empresa adaptándose, e en 1950 conectaron coa vangarda artística outra vez, e a creación de deseños co arquitecto Werkbund Oswald Haerdtl axudan a alcanzar novas metas.
Xerra deseñada por Oswald Haerdtl en 1954 |
En 2008 comezou unha etapa nova preservando a tradición pero cunha visión innovadora,
Georg Stradiot funda a Wiener Silber Manufactur.
Os arquivos da empresa conteñen sobre 11.000 deseños orixinais, entre eles os de Josef Hoffmann, Otto Prutscher, Kolo Moser e Oswald Haerdtl.
Actualmente recoñecidos deseñadores contemporáneos como Zaha Hadid, Erwin Wurm, Charlotte Talbot, Tomas Alonso, e outros, todos eles continúan coa tradición da compañía de estar por diante dos tempos.
Todos os produtos da empresa levan un trevo de catro follas, este é o selo memorable desta compañía que produce no sur de Viena. Estes produtos están dispoñibles na súa exclusiva tenda no centro da cidade e noutras tendas especializadas.
Bar Set deseñado por Tomás Alonso 2013 |
O deseñador Tomás Alonso é vigués, estudou no Royal College of Art de Londres.
En 2006 fundou o colectivo de deseño OKAYstudio.
Recibiu o primeiro premio no Concurso Internacional de Deseño Promosedia en 2008 coa súa cadeira nº7.
Como parte da Vienna Desing Week en 2011 creou o "Servicio de té" que podedes ver a súa elaboración no seguinte vídeo, para el inspírase e reinterpreta as formas xeométricas de Josef Hoffmann, en 2013 deseñou o conxunto "Bar Set".
En 2015 Tomás Alonso recibiu o Premio Swarovski ao Diseñador do Futuro.
Esta empresa é un grande exemplo da unión do deseño e a tradición ourive,
oxalá existisen moitas empresas así
que desen valor ao deseño, á funcionalidade e ao bo facer dos artesáns tradicionais.
Espero que vós guste e vós inspire!!! ;D
Moi interesante!
ResponderEliminarGrazas Alba!!! ;D
EliminarUn artículo moi interesante!!!Ánimo profe!!!
EliminarMoitas grazas e ánimo a vós tamén ;DD
Eliminar