martes, 21 de abril de 2020

A Creación do "Canal Academia" Súmase á Campaña #ACulturaNaTuaCasa [BIBLIOTECA]


Son moitas as iniciativas xurdidas nestas semanas para facernos máis levadía a corentena. Xa nos fixemos eco en varias ocasións dos recursos informativos e didácticos que nos ofrecen bibliotecas e museos. Moitos deles xa se ofrecían antes da pandemía, outros programas de actividades a través das redes sociais e páxinas web foron habilitados para manter a conexión co público mentres dure o confinamento. 
Neste blog dedicado á divulgación das artes e os oficios artísticos non debemos esquecer o cinema, definido por Ricciotto Canudo, no Manifesto das sete artes, como a sétima arte. Nesta liña, o xoves pasado inaugurouse Canal Académia impulsado pola Académia de Cinema para dar un impulso á oferta de contidos da súa web.

Canal Academia ofrecerá información actualizada das distintas actividades programadas e do contido posto en marcha, como encontros en Instagram, podcasts, vídeos, visionado de películas…, ademais de novos formatos como  master class e charlas da man de recoñecidos profesionais do cinema.



Vídeos de cineastas, directores, actores e técnicos recomendando un título do cinema español que os emociona especialmente, e os vídeos do seu arquivo de maneira categorizada, son outros contidos que tamén teñen cabida en Canal Academia, que se suma á campaña lanzada polo Ministerio de Cultura #ACulturaNaTuaCasa. 
Ademais, grazas á colaboración de RTVE dixital, Filmin e Flixolé, os usuarios poderán acceder desde a películas aloxadas nestas tres plataformas a través da nova canle de forma directa. Canal Academia pretende converterse no punto de encontro “para todos os que viven activamente o cinema”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!