Hoxe imos limitar o uso do estilógrafo á aplicación do punto. Xa fixeramos unha proposta práctica relacionada co punto nos cadros de texturas visuais.
Cadro de texturas utilizando puntos |
Utilización da liña. Textura e escala |
COMEZAMOS OUTRO ZAPATO
Para a realización do exercicio proposto seguiremos os seguintes pasos:
- Debuxo un zapato, zapatilla deportiva ou calquera outro calzado, do mesmo xeito que fixeramos os anteriores exercicios utilizando o lapis HB. Buscade unha posición atractiva. Evitade as posicións de perfil.
- Cando remate co lapis o zapato, comezo o rotulado do contorno e o límite das formas, como realizamos no primeiro traballo de zapato. Utilizo o 0.2 ou 0.4.
- Sitúo o zapato na mesma posición, ilumino cun foco e fago un estudo das luces e das sombras, pensando e situando co lapis os medios, os claros e os escuros
- Comezo o punteado tendo presente a valoración dos tons realizada anteriormente. Intentade sacarlle o máximo partido a este recurso.
Deixo dous exemplos doutros anos para que vexades os acabados que podemos conseguir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!