xoves, 16 de abril de 2020

Guía sobre xemas II [OURIVARÍA]


GUÍA BREVE SOBRE

AS XEMAS MÁIS EMPREGADAS  (PARTE II)

CALCEDONIA
Calcedonia é o nome que recibe un grupo de cuarzos microcristalinos, entre eles, como xa falamos, encóntranse as ágatas, pero tamén outras variedades como:


CALCEDONIA AZUL
É unha xema de cor azul cun ton lila ou lavanda, pode ser translúcida ou opaca, de dureza 7 e normalmente encóntrase en talla cabuxón e sensible a calor, en algunhas pódese apreciar o bandeado típico das ágatas. O material máis valioso é o máis translúcido e intenso de cor.










CORNALINA

 



A Cornalina, tamén chamada carneola, é de cor vermella alaranxada intensa ou tamén máis pardenta. 
A máis valiosa é a máis translúcida, ás veces intensifican a súa cor con tratamentos de calor ou tintes. Algunhas das que se venden en realidade son ágatas tinguidas ou quentadas.
A carneola natural non presenta bandeado, é de dureza 7, e o seu brillo é intenso debido ao ferro que contén. 






CRISOPRASA

A Crisoprasa varía de translúcida a opaca, a súa dureza é 7 e ten unha bonita cor verde mazá, que depende do contido de níquel, podendo ser máis pálida ou máis escura.
A cor preséntase uniforme e non aparecen bandas.
Ás veces ten inclusións moteadas negras ou pardas, e é habitual a súa comercialización tinguida para resaltar a súa cor. A crisoprasa de mellor calidade de cor é a australiana.






ÓNICE


En estado natural o ónice ou ónix é negro ou marrón e ten bandas de cor blanca e pardentas. Este, ao igual que o sardónice, empregábase para realizar camafeos tallando a pedra e deixando á vista as bandas de distinta cor.
O ónice negro inmaculado que se comercializa é agata tinguida, que adquire unha gran intensidade de cor negra mantendo o seu brillo vitreo.
Atopámolas normalmente en talla cabuxón liso ou facetado.




SARDÓNICE


É unha xema de cor parda avermellada e laranxa que se presenta bandeada tamén con franxas de cor branca, e foi moi empregada para tallar camafeos.





CRISOBERILO



O crisoberilo é unha xema de dureza 8-8,5, aparece bastante limpa de inclusións, as súas cores varían entre amarela, amarela verdosa, amarela dourada, parda verdosa e verde. A cor máis apreciada é a amarela dourada. Extráese en Brasil, Madagascar, Myanmar, Sri Lanca, Tanzania e Zimbabwe. 




CRISOBERILO OLLO DE GATO


Este tipo de crisoberilo ten un pronunciado efecto ollo de gato, que é ese reflexo blanco-azulado móbil que vedes na imaxe e que se produce pola reflexión da luz nas estruturas internas da xema. 
Para acentuar este efecto estas pedras tállanse en cabuxón. A cor deste crisoberilo vai de dende a amarela mel ata o verde-amarelo, é translúcida e ten un brillo sedoso. 
Esta xema tamén e coñecida como cimófano, que significa luz que se move. 



CORAL



O coral é unha xema orgánica. A súa recolección actualmente está regulada para protexer os arrecifes.
Está formado polo esqueleto calcificado de pólipos mariños que crean estruturas arboriformes. Estas ramas atópanse de distintas cores en función do tipo de coral, do seu lugar de orixe e da profundidade da auga.
O coral vermello, rosa e branco procede do Mediterráneo, do Mar Vermello, do arquipélago de Malaisia, Xapón e Hawai. O coral negro e dourado procede das Illas do Caribe, Australia e Illas do Pacífico.
O coral ten unha dureza de 3-3,5, é un material poroso e moi sensible á calor.
A maior parte do coral que se vende está tinguido para intensificar a súa cor, comercialízase normalmente en cabuxón e en contas, lisas ou gravadas.



O coral natural ten manchas pálidas ou brancas e raramente amosa unha distribución uniforme da cor, en cambio o coral sintético ten a coloración uniforme moi perfecta. 


CORINDÓN


O Corindón é unha das familias de xemas máis importantes. A ela pertencen o rubí e o zafiro. Son pedras transparentes, ás veces algo turbias, de dureza 9 e con brillo vítreo moderado. 
O mercado asume que case todo o corindón dispoñible é mellorado con algún tratamento, normalmente térmico. Aqueles rubíes e zafiros naturais non tratados son considerablemente máis caros. 

RUBÍ


O rubí é un corindón de cor vermella, ás veces cun ton máis violáceo ou frambuesa, ou tamén máis alaranxado. A cor máis cobizada é a vermella pura chamada "rubí sangue de pichón", como o da imaxe anterior, que procede de Birmania e é o mais caro.
Os rubís destas calidades atopámolos en tallas facetadas, normalmente mixtas para aproveitar mellor o material. 
Extráense rubís noutras zonas pero con variacións de ton, en Tanzania son máis opacos, os de Sri Lanka son dun vermello máis claro. 



Os rubís soen ter inclusións menores doutros minerais, estruturas de crecemento, canais e cavidades, algunhas delas indican o país de orixe, como os de Birmania que costuman ter inclusións de rutilo, calcita, apatito, olivina, esfena e espinela, estes tamén son fluerescentes a luz ultravioleta, os mellores incluso á luz do sol, e esta é unha característica que os distingue dos rubís sintéticos. 

Algúns rubís tamén presentan asterismo: cando as inclusións aciculares de rutilo están alineadas, a reflexión da luz forma unha estrela de seis puntas, e neste caso tállanse en cabuxón, son os rubís estrela. 

                                                     


ZAFIRO

O zafiro é mais abundante que o rubí, preséntase en distintas cores (azul, rosa, amarela, verde, inclolora, violeta ou púrpura), sendo o azul o máis apreciado.
Os mellores son os de Birmania e Cachemira (de cor azul lavanda)


Os de Sri Lanka son moi populares tamén, o seu azul é medio e cun ton máis pastel e violáceo, presentan inclusións de gotiñas de líquido que semellan pegadas dactilares.


Tamén se extraen en Tailandia, en Australia, en África (Nixéria, Tanzania) e tamén en Estados Unidos, cada un coas súas particularidades. 

O zafiro tamén presenta asterismo, son os zafiros estrela como os que se amosan a seguir. 


E para terminar un zafiro moi raro e moi caro, o zafiro Padparascha, que ten unha preciosa cor pois amósase rosa e laranxa simultaneamente. Procede de Sri Lanka, e como vedes é precioso. 




Espero que vos guste!! ;D

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!