- Quero aprender a debuxar sombreiros.
A relación de María Teresa co mundo da moda vén de moi atrás. Sevillana afincada en Vigo, rexentou unha prestixiosa tenda de moda durante trinta anos, pero as circunstancias mudaron e unha persoa con esta capacidade de inventiva reciclouse e hoxe deseña tocados e sombreiros. De aí o seu interese polo debuxo. Aplicalo no seu traballo de deseño.
Hoxe quero mostrar unha parte deste traballo. María Teresa produce de xeito incansable, ben as súas propias propostas, ben interpretando outras que obtén de revistas ou ben practicando a partir de imaxes de ilustración de moda. Consulta tódolos libros posibles para empaparse dos estilos que lle interesan para levar logo a concretar nos seus deseños esa forma de facer. Estas imaxes son unha mestura de todo este traballo con inspiración nas obras de Blossac, René Gruau ou Constance Wibaut, entre outros. Sigue así, con esa forza!!
René Gruau. |
Bernard Blossac para Dior |
Me encantan María Teresa.
ResponderEliminarParabéns a María Teresa polo seu traballo. Gústame moito!
ResponderEliminarMe encantan!!
ResponderEliminarParabéns, Teresa. 😘
Fermosos debuxos.
ResponderEliminarParabéns María Teresa.
M Teresa me encanta los sombreros. Los dibujos son chulísimos.Me gustan mucho. Muchas felicidades. Muchos besitos. Duli Soto
ResponderEliminar