Este exercicio é unha proposta para o curso superior.
Sería o seguinte exercicio previsto a comezar a seguir ao do acibeche.
O exercicio cos seus requisitos xa volo enviara, tédelo no voso email.
 |
Simone Giesen |
Neste artigo preséntovos algúns exemplos,
e así ides xa pensando en como queredes construír o voso broche.
Para plasmar esas ideas
podedes facer o bosquexo debuxado no papel,
ou construír unha maqueta tridimensional con arame, papel, cartón ou calquera outro material que vos poida servir para materializalo en tres dimensión e a tamaño real.
O deseño e a construción desta peza ten como obxectivos un maior dominio das técnicas de soldadura, a elaboración dos perfís, os sistemas de articulación e peche, e o engaste en garra que teremos que incluír.
É un exercicio laborioso pero moi completo e enriquecedor,
o que quero é que sexan estruturas de fío volumétricas.
A seguir tedes algúns exemplos de distintos artistas moi inspiradores.
Volumes construídos con fío:
Volumes máis xeométricos:
E a seguir algúns dos broches feitos por alumnos,
a proposta era similar pero tiñan que facer un engaste en bisel
cun "cabuxón" de labradorita.
Ides ver que os resultados foron moi distintos e persoais:
 |
Ramón Moreira |
 |
Dana Rodríguez |
 |
Sindo |
 |
David Blázquez |
 |
Elisa Pereira |
 |
Susana Argibay |
 |
Mª Eugenia Conde |
 |
Paula Álvarez |
 |
Marta Armada |
 |
María Ponce |
 |
Montse Fernández |
 |
Ana Freiría |
 |
Xiana Gil |
 |
Xiana Gil |
Agora tócavos a vós!!!
Moi bonitos!!!
ResponderEliminarMoitas grazas MJ ;D
ResponderEliminar