En 1964 o seu irmán Xose María Álvarez Blázquez funda edicións Castrelos. Anos máis tarde, en 1967, realiza dúas coleccións troncais, O Moucho e Pombal. Álvaro encárgase de realizar as coloristas portadas da colección O Moucho en serigrafía, que daquela era unha novedosísima técnica.
O Moucho, colección publicitada baixo o lema " libros do pobo para o pobo", constituiu un fito na historia da edición en galego. Cun deseño moi orixinal e cunhas portadas coloristas serigrafadas a cinco tintas, os 58 títulos daqueles libros de 48 a 64 páxinas (tiñan un prezo de trinta pesetas e unha tirada inicial de 3.000 exemplares) inundaron de lectura galega, por primeira vez na nosa historia, as librarías e as feiras populares.
Boletín da Real Academia Galega. Estudos e investigacións sobre Xose María Álvarez Blazquez.
Hoxe propoño que saiamos mentalmente da casa e viaxemos no tempo. Imaxinemos por un instante esas tertulias no café Derby onde Celso Emilio Ferreiro lle falou a Álvaro do novo sistema de impresión da serigrafía, logo imaxinemos como serían eses experimentais comezos (tede en conta que as tintas serigráficas á auga xorden en 1980, ata entón había toscas tintas ao aceite). Imaxinemos eses comezos en Serigrafía Galega, a empresa, na rúa Falperra 33, nos baixos da Panificadora.
Non nos cansaremos de repetir no noso obradorio a importancia que tivo Álvaro na conciencia do uso da lingua galega e na produción de obra gráfica de recoñecidos artistas galegos facendo as súas obras asequibles a todos os públicos mediante a serigrafía.
Tedes nos vosos mails un PDF con información e propostas de exercicios a partir das portadas destes libros. Quen é o personaxe que se repite nas portadas? Cal é a orde de impresión das cores? ...
Saúde e ánimo!
Que bonitos, me encantan
ResponderEliminarGraciñas Federico. Os que ves na fotografía eran do meu pai. Cando damos este tema en historia sempre os levo á aula, seguen a ter as cores moi vivas e vibrantes!
Eliminar