Hoxe continuamos a relación dalgunhas das obras máis curiosas que conservamos no noso fondo histórico.
Entre as obras de impresores destacados do século XVI salientan dous pequenos libros impresos por Cristobal Plantino
Un libro dos salmos do Rei David:
Davidis Regis ac Prophetae Psalmorum Liber.-- Antuerpiae : ex officina Christophori Plantini, 1574
Davidis Regis ac Prophetae Psalmorum Liber.-- Antuerpiae : ex officina Christophori Plantini, 1574
E outro coas observacións sobre a Metamorfose de Ovidio, recompiladas por Hércules Ciofano orador, poeta e escritor italiano do século XVI.
Herculis Ciofani Sulmonensis In P. Ouidii Nasonis Metamorphosin, ex XXIII, antiquis libris obseruationes.-- Antuerpiae : ex officina Christophori Plantini, 1583
Impresos ambos volumes polo editor, impresor e libreiro flamenco Cristobal Plantino (1520-1589), que en Amberes dirixiu a imprenta máis importante do mundo occidental no século XVI, chamada Officina Plantiniana. A súa marca de impresor é unha man cun compás e o lema "labore et constantia". Nomeado arquiimpresor real en 1570, concedéuselle o monopolio de impresión de libros piadosos do Imperio Español.
Outro exemplar destacado é:
Hispania Vincit: los cinco libros de la crónica general de Espana (…)/ Florian D'ocampo.-- Medina del Campo: Gillermo de Millis, 1553.
Florián de Ocampo (c. 1499-1558) foi un historiador e escritor español,
nomeado cronista de Carlos I en 1539. En 1543 publica os catro primeiros
libros da súa Crónica xeral de España, que comprende desde a creación
do Mundo ata a morte dos Escipións. Dez anos máis tarde publica un
quinto libro.
A finalidade desta obra inconclusa era demostrar a gran antigüidade da monarquía española. Para iso sacrifica frecuentemente a verdade. Contén gran cantidade de elementos ficticios e lendarios.
Impreso por Guillermo de Millis, pertencente a unha familia de orixe italiana, representa o auxe do comercio de libros en Medina del Campo, que foi o centro máis importante do comercio internacional de libros en España durante o século XVI.

Ad Regum Aragonum veterumq comitum depictas effigies, in regia Caesarugustanensi deputationis aula positas, inscriptiones ... / Hieronymo Blanca.-- Caesaraugustae : ex Officina Simonis a Portonariis, 1587
Este libro é unha serie de ilustracións xilografícas de escudos
nobiliarios. Impreso por Simón de Portonaris, membro dunha das familias
de impresores máis representativas da imprenta de Salamanca do século
XVI.
Xa no século XVII
Idea de un Principe Político Christiano : representada en cien empresas / por Don Diego de Saavedra Faxardo Cavallero del Orden de S. Iago.-- En Amberes : en casa de Ieronymo y Iuan Bapt. Verdussen, 1655
Obra principal de Diego Saavedra Fajardo (1594-1648). O propósito do
autor é compoñer unha guía para a adecuada formación política dun
príncipe cristián.
Os seus impresores Ieronymo e Juan Baptista pertencen á familia Verdussen, unha importante dinastía de impresores e libreiros de Amberes, que comezou con Hieronymus Verdussen na segunda metade do século XVI e que se mantivo ata o século XIX. Especializáronse en obras relixiosas e obras en español, tamén imprimiron almanaques, poesía, obras científicas...

Continuará...
Desexando xa a continuación desta interesante serie de post sobre a nosa bibliotea!
ResponderEliminar