mércores, 22 de abril de 2020

Outros colares con materiais reciclados ou cotiáns - V [OURIVARÍA]

PARTE V
Ola a todas e todos!!!
Aquí temos máis colares feitos neste tempo de confinamento.
Esta proposta ten como obxectivo a experimentación con materiais cotiáns que nos achegan novas posibilidades plásticas, tamén comporta un exercicio de deseño que xera cuestións técnicas como a articulación, a unión ou ensamblaxe, cuestións estéticas e funcionais, etc.

Visto isto,
comezamos con dous colares creados con moito gusto por 
Mercedes Covelo

Colar feito con tiras de coiro de dúas cores, cordón encerado,
e para facer os buratos empregou unha perforadora de papel.




No seguinte colar Mercedes empregou unha masa caseira a base de Maicena e bicarbonato,
mesturando en parte dela unha pintura acrílica azul, e combinando as dúas masas fixo esas pesas para o colar, que uníu con corda, conseguindo un resultado moi vistoso.





A seguinte peza é de Leticia Calvo.
Ela empregou un aro reciclado, follas naturais secas e pintadas con esmalte de uñas dourado,
e pinzas 




Dende logo moi orixinal e vistoso!!

E por último un conxunto de colar e pulseira de Tita del Hierro,
feito con rede téxtil, bóla de cerámica, elástico e cinta de veludo,
Tita sempre nos sorprende ;D.




Dar as grazas ás alumnas polo seu traballo e implicación, noraboa!

Aquí déixovos a proposta inicial e os artigos posteriores resultantes deste traballo


E a vós espero que vos guste!! ;D

4 comentarios:

  1. Moi bonitos!!!
    Parabéns as túas alumnas por as súas creacións.

    ResponderEliminar
  2. Parabéns polas ideas e polo traballo de todos, especialmente a Mercedes por esa aplicación do Coiro, encantounos.

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!