martes, 7 de abril de 2020

Mais colares con materiais reciclados ou cotiáns - IV [OURIVARÍA]

PARTE IV
Xa temos máis colares do alumnado, aquí os tedes ... 


Comezamos polo bonito colar de Isa Varela,
está feito con distintos tecidos, 
sobre unha estrutura de arame de latón, empregando tamén fío e pegamento. 



O tecido son retais sobrantes de facer mascarillas serigrafadas, 
pois Isa tamén foi alumna de serigrafía artística e adícase á moda 
coa súa propia marca de roupa vintage Isala-silkscreen 


Aquí tedes as mascarillas que Isa está a facer, preciosas non sí ??!! 
A mascarilla é algo ao que nos temos que afacer, pois teremos que empregalas na volta á normalidade. 
Aquí vos deixo os enlaces ás súas redes sociais





A seguir o colar de Amalia Silva
feito con ratán, fío de corda, papel de regalo endurecido con cola branca 
e brillantina para os centros das flores.
Moi vistoso non si?




Continuamos co colar de Marisa Álvarez
moi colorido, orixinal é reversible ;D, 
creado con pezas de puzzle dos seus netos, cordel verde e pegamento. 





Agora un conxunto feito por Alba Merino con arame modelado, 
preséntanos un colgante e pendentes, moi cómodo e versátil. 





Seguimos coa peza de Erea Andrade,
a súa gargantilla está feita con arame recuberto de palliñas de plástico, 
cun elemento central colgante feito con arandelas de metal e cordón laranxa
que achegan unha estética industrial.




E por último un colar de Marián López del Hierro
construído con pezas xeométricas de madeira pintada, contas de madeira e cordón, 
é un colar colorido e vistoso que non perde o concepto de xogo. 



Agradecer ás alumnas o seu traballo, creatividade e implicación, 
animarvos a todos a crear o voso colar, 
hai moitos materiais por casa que podemos empregar e que vos sorprenderán. 

Espero que vos guste e vos inspire!! ;D


8 comentarios:

¡Anímate a participar cos teus comentarios!