martes, 14 de abril de 2020

Recoñecemento a Antonina Kadyrova na súa Terra [Coiro]

Antonina traballando no seu obradoiro.

Como todos sabemos, son poucas as publicacións periódicas sobre Coiro que existen na actualidade, a nivel internacional "Leathercrafters &Saddlers Journal" nos Estados Unidos,  "Leather Artisan" en Nova Zelanda, "Bladet Lær, Sko og Skinn Forlag" de Noruega e a "Russian Leathercrafting" de Rusia.
Esta última, no seu último número publicado, o número 1 do ano 2020, vén de publicar un artigo no que se recoñece o traballo da nosa antiga alumna, Antonina Kadyrova, que comezou a nosa especialidade no curso 2014-15 e rematou o curso pasado o nivel extraordinario. Antonina, xa rematando a especialidade, decidíu  centrar o seu estilo na Jojloma, unha tecnica decorativa rusa da beira do Volga que se empregaba na decoración de madeira. Con esta publicación a revista de Eugene Solomin e Iskandar Akhmedzyanov recoñece o traballo de Antonina, que a miles de kilometros da súa terra de orixe emprega as tradicións rusas como elemento diferenciador das súas pezas. Dende aquí o noso agradecemento a Eugene e a Iskandar xa que recoñecen á nosa alumna e á nosa Escola.
E parabéns a Antonina, e que este sexa o primeiro de moitos recoñecementos nunha traxectoria longa e produtiva.

Artigo publicado na Russian Leathercraft

8 comentarios:

  1. Parabéns a Antonina polo seu traballo!!!

    ResponderEliminar
  2. Enormes parabéns para Antonina, pois o seu traballo é exquisito e precioso!!! ;D

    ResponderEliminar
  3. Recoñecemento merecido. Parabens Antonina

    ResponderEliminar
  4. Felicidades Antonina.
    Un reconocimiento merecido.

    ResponderEliminar
  5. Moitas grazas polos comentarios, a verdade é que o traballo de Antonina resulta moi vistoso e distinguese en calquera lugar, non só pola decoración se non polo deseño. Parabéns.

    ResponderEliminar
  6. Muchas gracias a todos por vuestros felicitaciones y comentarios! EMAO Y Pepe Pereira han cambiado para siempre mi vida. Me siento bien trabajando el cuero y os agradezco a todos el apoyo y el conocimiento, que me brindasteis♥️

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!