xoves, 16 de abril de 2020

O museo de arte contemporánea de Moscova Garage e Sofía Venzel [SERIGRAFÍA]

Antonte saíu publicado neste blog unha referencia ao traballo a modo de diario de confinamento que está a facer a nosa alumna de Perfeccionamento II Sofía Venzel; pois ben, hoxe recibimos a grata noticia de que con ese traballo gañou un concurso organizado polo museo de arte contemporánea de Moscova Garage  e que sairá publicado na web do museo do 20 ao 26 de abril. Parabéns Sofía!











Podedes seguila no seu instagramfacebook e na súa páxina web.
Parabéns Sofía!

2 comentarios:

¡Anímate a participar cos teus comentarios!