PRIMEIRA: Atopa un lugar da túa confianza e trata despois de confiar nel por un tempo.
SEGUNDA: Obrigacións xerais dun estudante: Extraer todo do seu mestre; extraer todo dos seus compañeiros de estudos.
TERCEIRA: Obrigacións xerais dun mestre: Extraer todo dos seus estudantes.
CUARTA: Considera todo un experimento.
QUINTA: Ser autodisciplinado: isto significa atopar a alguén sabio ou intelixente e elixir seguilo. Ser disciplinado é seguir o bo camiño. Ser autodisciplinado é seguir un camiño mellor.
SEXTA: Nada é un erro. Non tes que gañar nin perder, só facer.
SEPTIMA: A única regra é o traballo. Se traballas chegarás a algo. Son as persoas que fan todo o traballo constantemente as que finalmente conseguen as cousas.
OITAVA: Non trates de crear e analizar ao mesmo tempo. Son procesos diferentes.
NOVENA: Sé feliz sempre que poidas. Goza de ti mesmo. É máis fácil do que pensas.
DÉCIMA: Estamos a romper todas as regras. Incluso as nosas propias regras. E como o facemos? Deixando moito espazo para a incerteza.
SUXESTIÓNS EXTRA: Sempre estar ao redor. Ven ou ve a todo. Ve sempre a clases. Le todo o que caia nas túas mans. Mira películas atentamente, a miúdo. Gárdao todo. Podería ser útil ao final.

![]() |
O "descubridor", aparato para repensar novas miradas |
Aqueles primeiros traballos, que nun principio foran adoptados pola Igrexa como orixinais e novos, pasan a ser repudiados por provocadores. Todo isto cansa a unha muller de carácter positivo e aberto. En 1968, Kent decide coller un ano sabático, retirarse a Cape Cod (Masachussetts) e volver ser “ Frannie”, como a chamaban cando era pequena. Uns meses para refrescarse e volver ao ensino cos ánimos acougados. Ese tempo de reflexión sérvelle para producir, centrarse en si mesma e atopar novas formas de expresión. Fragmento de cachettemagazine: sister- corita-a-arte-en-unha-caixa-de-cereais/
En 1966 o xornal Los Angeles Times elixiuna como unha das nove mulleres do ano, e no 67 é portada da revista Newsweek. En 1968 abandona a orde relixiosa para adicarse por enteiro á súa obra artística. Hoxe a súa obra está en diversos museos e institucións coma o MOMA e o Metropolitan de Nova York entre outros. Ao final da súa vida, enferma de cáncer, pediu aos seus amigos que fixesen unha celebración, non un funeral.
Podedes escoitar aquí a María Serrano (editorial Gustavo Gili) falando sobre o tema: Podcast sobre Corita Kent e a pedagoxía da arte
Corita Art Center
Qué post máis bonito e interesante. Unha muller fascinante: pola súa idea da ensinanza plasmada no seu decálogo, pola súa obra e pola historia da súa vida. Non a coñecía. Grazas.
ResponderEliminarGraciñas!.Dende fai uns anos, por fin, empeza a recoñecerse o seu traballo. Na aula sempre comentamos que a súa biografía daría para un biopic. Aquí deixamos a idea, a ver se Netflix lee este post ;)
EliminarGraciñas acosteleta por comentar, anima moito;)
Un saudiño!
Fantástico post Alba...se lo voy a recomendar a los alumnos de Debuxo, que lean el decálogo de reglas, es muy clarificador
ResponderEliminarSi, eu o teño colgado na parede da aula dende fai anos. Agora as asumimos como cousas básicas nas escolas de arte pero hai que pensar nesa época e no contexto de Corita, foi unha revolución. E xa non te digo no ámbito da serigrafía artística...foi a caña.
EliminarUn saúdo a tod@s os alumn@s de debuxo. Saúde, forza e ánimo con eses cadernos que están a facer que son unha maravilla!