Un paseo polo Victoria and Albert Museum
Fundado no 1852 en Londres,
é o museo máis grande adicado á arte e ao deseño.
Conta cunha das maiores coleccións en artes decorativas e aplicadas, e
tamén é unha importante institución en materia de investigación e conservación nas artes e oficios.
Este museo alberga nas súas salas 3000 anos de obxectos procedentes de diversas culturas.
No referente á ourivaría conta cunha galería específica de xoias (a William and Judith Bollinger Jewellery Gallery), salas de cerámica, mobilario, moda, cristal, fotografía, escultura, tecidos e pintura.
No referente á ourivaría conta cunha galería específica de xoias (a William and Judith Bollinger Jewellery Gallery), salas de cerámica, mobilario, moda, cristal, fotografía, escultura, tecidos e pintura.
O museo divídese en 5 categorías: Asia, Europa, Materiais e Técnicas, Obxetos modernos e Exposicións.
En ourivaría preséntanse máis de 3500 pezas, que contan a historia da ourivaría en Europa desde a antigüidade ata os nosos días, amosando tamén as pezas máis contemporáneas.
Lembrade que podedes pór subtítulos en inglés e traducilos automaticamente ao español na configuración do vídeo, non é unha tradución perfecta, pero axuda ;D
No seguinte enlace podedes pescudar en distintos artículos publicados polo museo,
relacionados coa ourivaría
EXPLORAR aquí
e AQUÍ
Este é un impresionante museo que merecería a pena poder visitar,
espero que vos guste e vos inspire!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!