No período Momoyama (1573-1614) atopámonos coa idade de ouro da cerámica xaponesa, coincidindo coa expansión e definitivo triúnfo da cerimonia do té. O principal centro oleiro era a rexión de Mino, e de entre todas as súas producións as máis apreciadas polos estetas xaponeses son as chamadas Shino. Non se coñece ben a orixe do termo Shino que identifica a este tipo de cerámica xaponesa. Podería derivarse do termo “shiro” “branco” ou tamén podería facer referencia ao mestre oleiro Shino Soshin (1444-1523). Son cubertas feldespáticas brancas, máis ou menos opacas, que translucen con distinta intensidade o ton avermellado da pasta cerámica e cuxa orixinalidade as afasta de calquera parecido con exemplos chineses ou coreanos. Outra característica destas pezas é a presenza na súa superficie de poros e irregularidades.
Xunto aos Shino, outras cerámicas representativas do período Momoyama son as Oribe, que deben o seu nome ao samurai mestre na cerimonia do té Furuta Oribe. Era habitual que os mestres do té se interesasen polas vasillas cerámicas que interviñan na cerimonia e adoitaban inspirar e dirixir os seus tipos e decoracións. A influencia de Oribe transcendeu Mino e estendeuse por outros centros oleiros como Bizen e Karatsu. Os produtos Oribe caracterízanse pola orixinalidade das formas, a miúdo cadradas e angulares, que hoxe resultan tan sorprendentemente modernas. Existen once tipos deste estilo, entre os que destacan os Oribe verdes, chamados así polo predominio do óxido de cobre, e os Oribe vermellos, con decoracións pintadas en pardo ferruxinoso sobre a cuberta feldespática que vela a arxila vermella. Deste mesmo período é a cerámica Raku que deixaremos para outra entrada.
Liberdade na forma e aplicación de cuberta! Boa! E se ata temos un chawan de Miguel Vázquez! :P
Lin por ahí que algúns ceramistas orientais consideran o shino a propia forma de cocción, longa, en forno de leña, e durante moitos días (7 ou mais)... como o que xa víramos naquel vídeo da cerámica de Bizen co que fliparas, Rebe
El refinamiento japonés consigue desvelar y plasmar la esencia de la naturaleza: LA PERFECCIÓN DE LA IMPERFECCIÓN.
ResponderEliminarLiberdade na forma e aplicación de cuberta! Boa! E se ata temos un chawan de Miguel Vázquez! :P
ResponderEliminarLin por ahí que algúns ceramistas orientais consideran o shino a propia forma de cocción, longa, en forno de leña, e durante moitos días (7 ou mais)... como o que xa víramos naquel vídeo da cerámica de Bizen co que fliparas, Rebe