Corita Kent, artista, activista e monxa, foi directora do departamento de arte do Immaculate Heart College de Los Ángeles introducindo novedosos métodos experimentais de ensinanza das artes. Afastouse da vocación relixiosa para protestar coa súa arte, sobre a guerra, os dereitos civís, a pobreza e o racismo, entre outros temas. Atopa na serigrafía a linguaxe ideal para expresar as súas mensaxes reivindicativas. Destacan as súas composicións de cores vibrantes baseadas na cultura popular, as tipografías feitas a man, na maioría dos casos citando fragmentos de cancións ou libros de Samuel Beckett, Albert Camus, John Lenon ou Gertrude Stein, entre outros. Elixe esta técnica pola posibilidade de facer copias e achegalas a todas as clases sociais. Dentro do seu círculo de amigos había nomes tan relevantes como Charles e Ray Eames, Saul Bass, John Cage ou o cineasta Alfred Hitchcock entre outros.
Corita Kent. Imaxe de Laura Currais, alumna do grupo de Básico |
Corita experimentando coa serigrafía |
Imaxe: Corita Art Center, Los Angeles, California |
Come alive! En referencia á guerra de Vietnam |
Yellow Submarine. Make love not war Vietnam .What has it done to the home of the brave? VIETNAM and our friends are all aboard many more than live next door Lennon and McCartney |
Very fine, very mine and mine is my valentine Gertrude Stein (or the world is my valentine) |
Nesta serigrafía utilzou a imaxinería dunha coñecida marca de pan e introduciu coa temática da pobreza e a fame frases de Gandhi e de familias anónimas. American Sampler |
Love is a hard work |
LET THE SUN SHINE IN the creative revolution�to take a chunk of the imagined future and put it into the present� to follow the law of the future and live it in the present. Waskow |
For everything that lives is holy life in delights in life. Blake |
Viva |
The Circus Alphabet |
"Non son o suficientemente valente para non pagar impostos e arriscarme a ir ao cárcere, pero podo dicir con bastante liberdade o que quero dicir coa miña arte". Corita Kent
Foi portada da revista Newsweek en 1967 |
Para máis información: Corita Art Center
Video documental:
Moito se sabe dos seus coetáneos artistas da arte Pop (Warhol, Litchensetein etc.).
Para cando un biopic de Corita? ;)
No seguinte post centrarémonos na figura de Corita como profesora e nos seus innovadores métodos para impartir ensinanzas artísticas. Saúde e ánimo!
Moi bo artigo sobre esta muller, todo un descubrimento!! Grazas ;D
ResponderEliminarMoito se falou dos seus coetáneos ( Warhol, Lichtenstein...), ela tamén facía exposicións dentro do ámbito do Pop art. Pouco a pouco vaise recoñecendo a súa labor.
ResponderEliminarUn saúdo Sandra!