O QUIXOTE ILUSTRADO. S. XVII
Pero o que nos ocupa neste espazo é o Debuxo, a imaxe, a ilustración, e esas primeiras edicións non conteñen ningunha ilustración. Ben é sabido que grandes pintores como Dalí ilustraron o Quixote, ou ben a estes artistas o texto inspirioulles unha imaxe, como a Honoré Daumier ou a Picasso.
Daumier 1868. Picasso 1955. Interpretacións do Quixote |
Dalí. 1965 |
Pero, cando se materializou o Quixote en imaxe por primeira vez? Como evoluíu? Quen ideou o Quixote máis icónico? Que aconteceu en España?
Desde o principio da súa edición houbo un interese por ilustrar o Quixote, por trasladar a forza do texto a imaxes. Primeiro, cunha imaxe na páxina principal, atopamos a edición valenciana de 1605, cunha xilografia prestada ou roubada que representa un cabaleiro pero que non é o Quixote. Podería ser calquera outro libro de cabalería.
Edición de Pedro Patricio May. Valencia. 1605. |
Nesta liña atopamos tamén de 1605 a edición realizada en Lisboa polo Editor Jorge Rodríguez con imaxe xilográfica na portada.
Edición de Lisboa. 1605 |
Resulta difícil dicir cal foi a primeira imaxe impresa do fidalgo máis famoso, aínda que polas fontes consultadas no texto do alemán Tobias Hübner de 1613, Cartel, Auffzüge Vers vnd Abrisse, aparece un gravado do cabaleiro da triste figura, no que xa recoñecemos non só a un cabaleiro... xa é o Quixote.
Primeira imaxe do Quixote de 1613. Leipzig |
En 1618 atopamos nunha edición Inglesa do Quixote ao fidalgo co seu escudeiro ilustrando a primeira páxina. Obradoiro Boulen e o gravador será o francés Leonard Gaultier, presumiblemente trátase xa de prancha en metal.
Leonard Gaultier 1618 |
A partir desta imaxe realizarase unha copia tamén para unha edición inglesa de 1620 do gravador Elstrack Renold.
A realización de copias de pranchas era moi habitual. Os gravadores eran artesáns que traballaban para os editores e non se cuestionaban moito o contido da imaxe. Resulta curioso ver como interpretan os muíños tanto Gaultier como Renold. Estes non son muiños dunha paisaxe castelá, máis ben son dos Países Baixos.
A realización de copias de pranchas era moi habitual. Os gravadores eran artesáns que traballaban para os editores e non se cuestionaban moito o contido da imaxe. Resulta curioso ver como interpretan os muíños tanto Gaultier como Renold. Estes non son muiños dunha paisaxe castelá, máis ben son dos Países Baixos.
Edición inglesa de Renold. 1620 |
As primeiras edicións ilustradas son de orixe alemá. En 1648 realízase a tradución ao alemán da primeira parte do libro e contén cinco imaxes de episodios cómicos. É unha edición realizada en Frankfurt polo editor Matias Götzen. As imaxes representan a campiña inglesa e non a paisaxe manchega. Voltamos a toparnos cun ilustrador desorientado.
Edición de Matías Götzen. 1648 |
O Quixote ten tanta sona que María de Medicis, nai de Luis XIII, encargará unha serie de cadros inspirados neste texto ao pintor Jean Mosnier no ano 1640. Estas imaxes non serán loxicamente editadas, serán para o goce persoal da nai do rei.
Jean Mosnier 1640 |
En 1650 atopamos unha edición parisina de David Gerome con reprodución de imaxes sobre prancha de metal. Posiblemente xa se trate de gravados en augaforte, técnica de gravado coñecida desde principios do século XVI, pero que se desenvolve no século XVII. A liña do acabado é máis fina e precisa apreciándose máis os detalles da composición.
CREACIÓN DO ESTEREOTIPO
En 1657 realizarase en Holanda unha das edicións do Quixote máis fermosas pola imaxes que contén. Considérase a creadora do estereotipo dos personaxes quixotescos e dalgunhas das súas aventuras máis coñecidas. Publícaa o editor Jacobo Savery e está impresa en Dodrecht. Trátase dunha tradución holandesa que contén 24 láminas atribuídas a Salomón Savery, posiblemente parente do editor. Pola súa beleza é unha edición que serviu de modelo a moitas outras publicadas posteriormente, en Amberes, París, Lyón. Existe outra edición de Bruxelas de 1662 que reproduce os gravados de Savery e contén outros inéditos firmados por F. Boutats.
Pese á fermosura das ilustracións, seguimos sen atopar un entorno manchego. As estampas conteñen a paisaxe, a moda e a arquitectura dos Países Baixos. Sí se consegue un maior achegamento e concrección cando ilustra os personaxes.
Edición parisina de Gerome. 1650 |
En 1657 realizarase en Holanda unha das edicións do Quixote máis fermosas pola imaxes que contén. Considérase a creadora do estereotipo dos personaxes quixotescos e dalgunhas das súas aventuras máis coñecidas. Publícaa o editor Jacobo Savery e está impresa en Dodrecht. Trátase dunha tradución holandesa que contén 24 láminas atribuídas a Salomón Savery, posiblemente parente do editor. Pola súa beleza é unha edición que serviu de modelo a moitas outras publicadas posteriormente, en Amberes, París, Lyón. Existe outra edición de Bruxelas de 1662 que reproduce os gravados de Savery e contén outros inéditos firmados por F. Boutats.
Edición holandesa. Salomón Savery. 1657 |
Edición holandesa. Salomón Savery, 1657 |
PRIMEIRA EDICIÓN ILUSTRADA EN ESPAÑA
Tiveron que pasar case 70 anos para que en España aparecese a primeira edición ilustrada do Quixote, foi en 1674. Como é posible que se editasen en toda Europa edicións ilustradas deste clásico e en España, berce da novela, se lle dese tan pouco valor á edición con imaxe? É unha boa pregunta para coñecer a sociedade da que somos herdeiros e reflexionar sobre erros históricos como este. Que a novela máis española de toda a literatura, que foi desde o principio un éxito editorial, non se mimase cunhas imaxes que contivesen unha esencia puramente hispana, ademais nun momento no que a pintura barroca española se atopaba na súa plenitude, é algo que non alcanzo a entender.
As imaxes desta edición, para máis decepción, son unha burda copia dos gravados de Savery seguindo o modelo iconográfico da edición de Bruxelas. O ilustrador Diego de Obregón limítase a plaxiar malamente e con pequenas modificacións a edición de Bruselas. A edición sairá do obradoiro madrileño de María Armenteros aínda que tamén se fala noutras fontes da imprenta de Andrés García de la Iglesia.
Edición española de 1674 |
Déixovos unha canción extraída da BSO de Doutor en Alaska para animarnos un pouco " Don Quixote" e unhas cantas páxinas que poderán resultar do voso interese e complementa este relato.
Qué interesante!
ResponderEliminarExcelente información!!!
ResponderEliminarSobre as edicións ilustradas do Quixote gustaríame comentar que a nosa biblioteca conserva a de 1744 que P. Gosse e A. Moetjens publican no Haia, catro deliciosos tomitos en que os gravados se inspiran nos cartóns de Charles Antoine Coypel(1661-1722) para uns tapices. Coypel recibira en 1716 o encargo dunha serie de 28 cartóns para tapices sobre o Quixote que se teceron na Fábrica dos Gobelinos ata 1794, moito despois da súa morte acaecida en 1722. Estes tapices consérvanse no Musée Antoine Vivenel (Compiègne)
SIII..penso que o encargo dos tapices era para o Pazo de Versalles. Os Quixotes da Biblioteca son MJ..uns de moi pequeno formato??
ResponderEliminarSi, son catro volumes pequenos.
ResponderEliminar