martes, 28 de abril de 2020

Libros: EL hombre y la madera. Monográfico integral. [CAIM GAITA]

Basajaun/Madreselva
Ed. GAIA SCCRL. 1984.
ISBN 84-85351-52-5.

Hoxe tráiovos un clásico no mundo editorial sobre a madeira, varias veces reeditado dende o seu orixinal, como monográfico, en dous volúmes da revista de ecoloxía e vida natural INTEGRAL.
Non trata sobre instrumentos musicais, mais del podemos obter moitas cuestións válidas, xa que é un tratado, en toda regra, sobre a madeira e o seu uso tradicional, ferramentas non eléctricas que antes e agora aínda se usan, técnicas e métodos de traballo, obtención tradicional da madeira, os tipos de madeira dos nosos bosques e infinidade de ideas a realizar.
Eminentemente práctico, inclúe ademais fórmulas naturais de vernices, pinturas, conservantes, ceras e outros produtos accesorios ó traballo da carpintería.
Posiblemente sexa un dos mellores traballos publicados sobre o tema, tanto dende un punto de vista ecolóxico como de cultura tradicional. Unha mostra de como os métodos populares se atopan en equilibrio coa Natureza.
O resultado non é só un manual sobre o emprego artesán deste material, é tamén un estudo etnolóxico sobre o uso tradicional deste recurso natural cada vez máis escaso.

1 comentario:

  1. Cuánto valen los dos monográficos de la madera?
    Para enviar a Córdoba.

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!