A Confederación Española de Gremios e Asociacións de Librerías (CEGAL), sensibilizada coas dificultades para a supervivencia do tecido de
librerías nacionais provocadas polo peche forzado da súa actividade por
mor da crise sanitaria do Covid-19, organiza a campaña
APOIA Á túa LIBRERÍA, que permite a calquera persoa interesada ingresar
diñeiro na conta da súa librería preferida para trocalo por compras nos 6
meses seguintes a partir de que as autoridades permitan reabrir os
locais.
Esta campaña terá dúas fases.
- A primeira está dirixida ao rexistro de librerías na plataforma colectiva Todostuslibros.com.
- A segunda pon o foco nos lectores, que poderán apoiar ás súas librerías preferidas a través de cheques regalo que se trocarán por libros cando estas reabran.
As librerías e os usuarios que se dean de alta terán acceso ás novas utilidades do portal de vendas das
librerías independentes españolas, que conta cunha base de datos de 4.158.675 referencias de libros e 1.573.067 títulos con dispoñibilidade, actualizada diariamente.
A confederación explicou que non recibirá ningunha comisión das achegas
dos usuarios, xa que estas destinaranse íntegras ás librerías, e desexa animar ao sector do libro –creadores, editoriais e
distribuidoras comerciais–, así como a todas as persoas que realizan
información cultural, a que enlacen as súas webs coa plataforma
colectiva das librerías.
Que buena iniciativa...me lo apunto
ResponderEliminarQue interesante!!! grazas Mj por amosarnos esta gran iniciativa.
ResponderEliminar