martes, 21 de abril de 2020

Encaixe de palillos ou a liberdade do confinamento. Cap 12. BERNABEI FREEMAN[ENCAIXE DE PALILLOS]


Bernabei Freeman basea o seu traballo no principio do encaixe de palillos, o punto, e desde aí desenvolve o seu traballo con metal e co espazo. Aínda que é certo que non todos os artistas que vos presentamos realizan manualmente encaixe, non por iso as súas propostas deixan de ser interesantes.


O punto é a nosa base de traballo (en galicia e en linguaxe encaixeiro, o pique), xa que a partir de aquí desenvólvense todos os puntos e deseños do noso traballo.
O punto, a esencia de debuxo e do deseño (téxtil tamén), pois Bernabei Freeman traballa os seus encaixes para partir do punto e así desenvolve unha linguaxe moi directa coa luz e o espazo.
É importate que vexamos o encaixe contemporáneo como un elemento que moitas veces está descontextualizado e iso é o que o transforma, a propia linguaxe, e queda evidenciado que para contar algo se poden utilizar mil camiños e mil ferramentas.





Un dos temas máis tratados é o floral, pois o encaixe permite moito xogo co espazo e a luz que atravesa por medio das pranchas metálicas que a maioría das veces utiliza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!