Educafolk é un blog creado por Xaime Estévez Vila. Nel atoparemos interesantes artigos sobre educación e a música galega, a modo de exemplo déixovos aquí o artigo titulado "Gaiteiras compositoras".
Aquí podedes acceder ao contido completo de EDUCAFOLK.
Gaiteiras compositoras
As gaiteiras de Meniñas da Saudade polos anos sesenta. |
O papel da muller no folclore tradicional sempre foi imprescindible. Porén a figura do instrumentista da gaita en Galicia durante moito tempo asociouse ao xénero masculino en exclusiva. A día de hoxe van xurdindo datos históricos sorprendentes de mulleres gaiteiras no século XX, mulleres que tiveron moita sona local e que foron as pioneiras desta profesión gaiteira.
Se nos atemos ás fotografías sonoras -edicións gravadas- de mulleres gaiteiras en solitario hai que agardar ata 1999. Outra vertente interesante está nas gaiteiras que ademais foron ou son compositoras, algúns precedentes -non moitos- temos a finais do século XX e deles falaremos no próximo recuncho da palleta no Lume na Palleira do 29 de Setembro.
Para normalizar a participación total do xénero feminino no folclore galego é preciso poñer en primeiro plano ás mulleres gaiteiras e tamén ás compositoras da gaita. Por unhas cousas ou por outras o seu traballo neste eido permanece a día de hoxe nun plano secundario que temos que superar en beneficio da propia tradición musical.
PROGRAMA DO RECUNCHO DA PALLETA NA RADIO GALEGA MUSICA 29 DE SETMBRO
GAITEIRAS COMPOSITORAS (ANTECEDENTES NO SÉCULO XX)

ANO
|
ALBUM/GRUPO
|
TÍTULO
|
COMPOSITORA
|
1990
|
DESAFINATURUM/MUXICAS
|
LUCUS
|
MARÍA XOSÉ LÓPEZ
|
1998
|
ARDENTÍA
|
VALS DE XAQUIN
|
GUADI GALEGO
|
1998
|
NATURALMENTE/MUXICAS
|
NA PONTE DO XIRIMBAO
|
MAGOIA BODEGA
|
1999
|
SUSANA SEIVANE
|
SABELIÑA
|
S.SEIVANE
|
2000
|
ISUE/M.PEON
|
DE SEU
|
M.PEON/XOSE BUGLIOT
|
Xaime Estévez Vila
Doutor en Ciencias da Educación pola UNED. Profesor Superior nas especialidades de Musicoloxía e Pedagoxía Musical polo Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e de piano e solfexo e Teoría da Música polo Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!