xoves, 23 de abril de 2020

23 de Abril, Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor [BIBLIOTECA]

 

Este ano 2020 a celebración do Día do Libro vai ser diferente ás doutros anos, a pandemia do Covid-19 está trastocando os nosos hábitos, os nosos costumes e tamén as nosas celebracións. 
Non haberá firmas de libros nin rosas en Sant Jordi. Por primeira vez desde 1976 non se entregará o Premio Cervantes, neste caso ao poeta Joan Margarit no paraninfo da Universidade de Alcalá de Henares.
Con todo, a lectura ininterrompida do Quixote mantense, pero ante a imposibilidade de realizar unha lectura en directo o Círculo de Belas Artes organizou unha lectura de carácter virtual na que os participantes enviaron as súas gravacións, completando así algúns dos capítulos máis destacados do Quixote.  Joan Margarit será o encargado de inaugurar a Lectura.



A pesar de todas as dificultades, as iniciativas de apoio ao colectivo do libro e o mundo editorial sucédense. Destacamos as seguintes:
 
«A liberdade é unha librería» É un dos versos de Joan Margarit. A partir deste verso o Instituto Cervantes convocou a destacados profesionais do mundo da cultura para falar dos libros como referencia ética, estética e humana nos actuais momentos, e das librerías como espazos únicos para a conciencia colectiva.









Penguin Random House programou unha xornada chea de encontros virtuais cos seus autores desde as 9:30h ata as 22:00h. A iniciativa chámase Casa Tomada, como o conto de Julio Cortázar, e poderase seguir a través da conta de Instagram @megustaleer (en catalán en @magradallegir). Na  que participarán máis de 80 autores.









Hai uns días falabamos da campaña APOIA Á túa LIBRERÍA da Confederación Española de Gremios e Asociacións de Librerías a través da plataforma Todostuslibros. com
 








As bibliotecas públicas da Xunta de Galicia celebran o Día do Libro cun amplo abano de actividades online abertas a toda a cidadanía. Estas actividades teñen como obxectivo fomentar a lectura e seguir dando ao libro todo o protagonismo que merece, con especial énfase neste contexto de confinamento. Entre as accións que se levan a cabo figuran concursos en redes sociais, exposicións virtuais, publicación de catálogos ou recomendacións por parte do persoal das mesmas. Máis información



#LaCulturaEnTucasa
#YoMeQuedoLeyendoEnCasa

2 comentarios:

¡Anímate a participar cos teus comentarios!