xoves, 30 de abril de 2020

Mari Funaki [OURIVARÍA]

Mari Funaki
foi unha artista xaponesa nada no 1950, 
que chegou a Melbourne (Australia) no 1979,  e
alí completou a súa formación en pintura, ourivaría e ferraría, 
o que se reflicte na súa obra. 

Aneis de Mari Funaki
A súa obra céntrase no dominio do espazo con planos xeométricos;
é un traballo de liña, plano, volume e baleiro. 


Os obxectos escultóricos desta artista abranguen sobre todo aneis, broches e pulseiras realizados con prata, prata oxidada e tamén pintada. Outra liña son os pequenos obxectos escultóricos e as grandes obras, sobre todo construídos con aceiro ennegrecido.

Broche
Pulseira










Aneis




Pulseiras

Os obxectos escultóricos desenvolvidos na súa madurez 
manteñen a estética e base xeométrica da obra de Mari,
pero emerxen con mais expresividade, 
creando formas insectívoras xeometrizadas que espertan a nosa imaxinación.




En 1995 Mari Funaki creou a súa galería  


para expor a súa obra e mais a doutros artistas-ourives emerxentes 
australianos e internacionais, 
coa intención de ter un espazo onde poder vender e admirar a ourivaría contemporánea.
Este esforzo e traballo foi recoñecido cando lle concederon o Premio Emérito do Australia Council for the Arts. 

Aquí vos deixo unha entrevista onde Mari conversa sobre o seu traballo



Espero que vos guste esta gran artista!
;D

4 comentarios:

¡Anímate a participar cos teus comentarios!