Marie-Ane Colot
De orixe humilde, Marie-Anne Collot nace en París en 1748. Orfa de nai e abandonada polo seu pai ten que abrirse camiño desde unha idade temperá para axudar á súa avoa e ao seu irmán. Faise modelo e así comeza o seu camiño, que a achega ao mundo da arte. Comeza a estudar pintura e modelado co escultor francés Jean-Raptiste Lemoyney, con quen comeza a mostrar unhas boas calidades para o debuxo e o modelado. Á idade de 15 anos convértese en alumna do escultor *Étienne Maurice Falconet, co que comezou a destacar polos seus retratos tallados en mármore.
As primeiras obras que lle proporcionan fama realízaas á idade de 17 anos. É desta época o retrato do famoso actor da época Preville, encargo que lle fai Madame Geoffrin, unha influente muller na sociedade cultural da época que organiza un salón literario en París ao que acudían nobres, aristócratas, filósofos e figuras da cultura como Catarina II de Rusia, Voltaire, Benjamin Franklin ou Denis Diderot entre outros, aos que retratou na súa maioría. Os bustos desta época mostran o seu gran dominio técnico e a facilidade que ten para representar os trazos máis expresivos dos personaxes. Son deste período o retrato en barro do filósofo Etienne-Noël Damilaville (1765) ou o retrato dun descoñecido (1765), ambos no Louvre, e o seu Autorretrato (1765) na colección Becker.
En 1775 Catarina II encarga o monumento ao Zar Pedro o Grande a Falconet e a súa axudante Marie-Anne (ela realiza a cara de Pedro I, ainda que na maioría das guías non se cite). Esta será a súa gran obra, o que fai que traslade a súa residencia a San Petesburgo durante 12 anos, e é neste período en Rusia cando se converte na escultora da emperatriz, realizando numerosos encargos para a familia Imperial. É desta época o busto en mármore de Catarina II (1769). A fama chégalle e recibe números encargos de carácter privado, destacando o retrato a Voltaire en (1770) e o busto do seu mestre Falconet, de (1773). Ambas se atopan no Hermitage. Convértese na primeira muller membro da Academia Imperial de San Petesburgo.
En 1977 casa co fillo do seu mestre, o pintor Pierre-Etienne Falconet, do que ten unha filla. O matrimonio só dura un ano polo carácter viloento do seu marido. Pierre abandónaas e Marie-Anne únese aínda máis ao seu mestre e sogro. Os tres volven a París, o seu reto era ser membro da academia francesa, algo que non se chegou a realizar. Alí comezan uns anos duros co seu marido que ameaza con destruíla a ela e ás súas esculturas. Co seu sogro e a súa filla trasládanse á Haia, alí viven durante un ano traballando para o Principe Guillitzin.
En 1783 o seu sogro ten un accidente que o deixa sen mobilidade, e ela aparca a súa carreira para coidalo ata 1791, data na que Falconet falece.
Marie-Anne deixa París fuxindo da Revolución francesa e trasládase a Lorena, onde compra o castelo Marimont. Alí pasará os seus últimos 30 anos xunto á súa filla ata a súa morte en 1821. Non volveu a esculpir, pero si se fixo cunha colección de arte de obras de artistas coetáneos.
A pesar da súa nacionalidade francesa Marie-Anne Collot é coñecida por ser a escultora, xunto a Falconnet, o seu mestre, precursora da escola rusa de escultura.
Enlaces web y bibliografía:
Escultoras en su contexto, Raquel Barrionuevo Pérez, Visión Libros
Increíble, no puedo imaginar el dolor de la idea que más allá del maltrato físico su marido pudiera atentar contra sus esculturas.
ResponderEliminarGracias por poner voz a el Arte que seguro todos conocemos pero desconocemos su creadora y por consiguiente la dureza de su tiempo.
Un abrazo en la distancia Raquel
Gracias por tu comentario Aradia Moon ;)
EliminarGracias Rosa por estos 'obradoiros do silencio' ....me estan encantando!!...gracias por ayudarnos a conocer a estas mujeres artistas, fuertes y sensibles con unas vidas muy dificiles y que siendo todas ellas reconocidas y valoradas en su momento, la historia despues las hizo invisibles.
ResponderEliminarGracias por ellas...
Si Luisa, invisibles. espero que esto vaya cambiando, desde aquí las homenajeamos!
Eliminar