Cristina no seu Obradoiro |
Empecei tonteando co coiro cando aínda era unha cría. Miña nai era modista e lembro que un día estaba a arranxar algo de pel non sei de quen e empecei a gardar os cachiños que lle sobraban, case sen darme conta xa me estaba a facer os meus primeiros moedeiros, bolsiñas... o que se me ocurrera. A partir de aí fun colléndolle gusto, interesándome cada vez máis tanto polos materiais como polas ferramentas, buscando libros e revistas onde aprender, ata que empecei unhas clases cun gran artesán que me deu as claves do bo facer. Xa con esta base, seguín a formación autodidacta durante anos, ata que retomei clases con outros artesáns.
-¿Que ten o coiro que non teña outro material?
O Coiro ten algo especial, indescritible. Quizais sexa a súa natureza, a súa amabilidade á hora de traballalo, a personalidade que adquire co paso do tempo…
-¿Dentro das técnicas que coñeces cal é a túa favorita?
Cústame decidirme por unha soa técnica, encántame tinguir con cores vivas, gústame trenzar, reláxame moldear, o tiempo voa lustrando cantos…
-¿Que peza tes ganas de facer e aínda non fixeches?
Como sempre, na casa do ferreiro culler de pau… As alforxas para a miña bicicleta! Levo tanto anos querendo facelas, tantos que ata xa cambiei de bici. É una tarefa pendente que teño.
Maletín |
O consello é que non se desanime, que tire para diante, porque haberá quen lle diga que non é o momento, que non están os tempos para isto ou para aquilo… Os proxectos iniciados con ilusión, e cos pés na terra, por suposto, saen ben. Este non é un mundo fácil, hai que traballar duro, pero é moi agradecido.
-¿Tes algunha ferramenta "especial"?
Si, teño unha ferramenta especial, é un simple pauciño de buxo. Un pauciño que me fixo un colega cando empecei co Coiro.
-¿Tes algún referente no oficio que consideres como inspirador?
Como referentes do bo facer en canto á técnica teño a un par de artesáns, ou mellor dito Mestres Artesáns. Pero en canto á inspiración non sigo a ninguén en concreto, analizo un pouco as tendencias, o que me van pedindo os meus clientes, o que a mín me apetece facer… e de aí sae o meu traballo.
Bolso |
Baleirapetos |
Mochila |
Cintos |
www.coiroenxebre.es
info@coiroenxebre.com
Tlf 655483761
@coiroenxebre
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!