De todos é sabido que a lectura nos achega numerosos beneficios,
enriquece a cultura, mellora a linguaxe, desenvolve a capacidade de
concentración e a memoria, estimula a imaxinación e a creatividade. O
fomento da lectura é unha tarefa diferente da formación da habilidade de
ler, que polo xeral comeza a adquirirse moi lentamente desde temperá
idade e mantense para sempre, o reto é desenvolver en nenos e en adultos
o hábito de ler e conseguir que descubran o pracer e o valor da
lectura.
A continuación déixovos unhas curtametraxes que non sei se contribuirán a
esta tarefa pero que son unha mostra de creatividade, amor aos libros e
á lectura por parte dos seus autores.
Os fantásticos libros voadores do Sr. Morris Lessmore é unha curtametraxe animada de 2011 dirixida por William Joyce e Brandon Oldenburg. Gañou un premio Óscar na categoría de mellor curtametraxe animada en 2012. Está inspirada en igual medida por "o furacán Katrina, Buster Keaton, O mago de Oz e o amor polos libros"
É unha preciosa historia que nos fala de libros e de surf a través da fantasía. A curta é de 2011 e foi dirixida por Philipp Comarella e Simon Griesser e recibiu unha chea de premios en diferentes festivais de todo o mundo.
Esta curta está baseada no relato de Oliver Jeffers. A Henrique encántanlle os libros, mellor encántalle comelos!
Pero... como sempre
pasa cando se come demasiado, chega o atracón! Grazas a isto Henrique descubrirá que o pracer máis grande que podemos ter cun libro é a través da súa lectura.
Espero que vos gusten!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!