E xa que rompemos o confinamento e estabamos por Lugo achegámonos a Monterroso para coñecer o obradoiro de Santiago Besteiro.
Santiago Besteiro |
-¿Cómo comezaches no
coiro?
-O meu primeiro contacto co coiro foi nunha formación que
fixen na Escola de Arte e Deseño Ramón Falcón.
No ciclo superior de Artes Aplicadas á Madeira tíñamos una asignatura
que era Repuxado en coiro, alí
aprendíamos as técnicas de repuxado en coiro así coma policromías e dourados sobre este.
Compartía piso con dous compañeiros de ciclo, e un deles
aficionouse moito co coiro e comezou a facer carteiras e moedeiros, e animoume
a traballar con el. Así foi o comenzo.
-¿Qué ten o coiro que
non teña outro material?
-Para min o coiro e un material moi fermoso, refírome ao coiro
de curtición vexetal. Transmite calidez, ten bastantes posibilidades plásticas
e visualmente describe na súa flor unha
paisaxe coas engurras, marcas e cicatrices que reflicten a vida dese animal. Ao
mesmo tempo creo que darlle un bo uso ao coiro dun animal é un xeito de
renderlle tributo e respecto.
-¿Dentro das técnicas
que coñeces cal é a tua favorita?
-Non teño ninguna favorita, gústame a simplicidade na vida e
intento sempre levala ao meu traballo. Penso que a expresión do propio material é suficiente, e intento darlle o protagonismo a iso.
-¿ Qué peza tes ganas
de facer e aínda non fixeches?
-Pois unhas cantas, de feito espero poder levar a cabo nesta
corentena eses proxectos pendentes. Entre eles unhas esculturas que levan
meses bocetadas.
-¿Qué consello lle darías
a alguén que vai empezar?
-Que pense nun proxecto, e que defina o máximo posible o
camiño para saber por onde avanzar. Debes de crer en ti mesmo e valorar o que
fas. A valoración comeza por ser crítico co teu traballo, e o criterio obtelo
coa formación e ca curiosidade. Hai que ter curiosidade por ver que se fai
noutros lugares, e estar ao tanto das innovacións que xorden para este oficio. En
resumo: Fórmate, traballa e analiza constantemente.
-¿ Tes alguna
ferramenta especial?
-O certo é que me gustan moito as ferramentas clásicas, como pode ser a coitela de medialúa, os
fileteadores de ferro ou as gubias pero non teño ninguna predilecta, todas me
axudan.
-¿Tes algún referente
no oficio que consideres inspirador?
-Os meus referentes foron libros xaponeses e ingleses, onde se amosaban técnicas para poder levar a
cabo os meus deseños. E tamén fixen moi bos amigo no camiño, entre eles un
garnicioneiro madrileño que leva 45 anos no oficio e que me ensinou moitas
cousas e me axudou a corrixir moitos erros. Tiven sorte, pois atopei moita xente
que de maneira desinteresada me axudou no camiño.
Grazas Emao por invitarme a participar e grazas os lectores
polo tempo de lectura e atención.
Mochila Bento |
Bolso Bento |
Carteiras Sellier |
Bolso Bento |
Santiago Besteiro
design@santiagobesteiro.com
+34 661 210 044
www.santiagobesteiro.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!