Gil do Cubo, gaiteiro transmontano de São Julião (foto: Anne Caufriez, 1998). |
En Portugal podemos atopar cando menos tres tipos principais de gaitas: a Gaita-de-fole da costa oeste, que se deu en chamar "Gaita", "Gaita-de-fole", ou no Minho, "Gaita Galega"; a de Trás os Montes e Alto Douro, chamada "Gaita-de-fole", "Gaita Transmontana" ou "Gaita Mirandesa" (aqui, as denominacións varían, aínda que se refiran ao mesmo instrumento) e a Gaita de fole da Beira Litoral, que posúe características lixeiramente diferentes das dúas últimas.
Malia que todas estas gaitas poidan ser chamadas polo mesmo nome, "Gaita de fole", son instrumentos con diferenzas claras entre si, aínda que pertenzan á mesma rama de instrumentos musicais, dende o punto de vista organolóxico.
Flamínio de Almeida, gaiteiro de Casal da Misarela (Coimbra). |
Un dos maiores responsabeis da investigación, recuperación, e mesmo evolución da gaita en Portugal, é Jorge Lira, que leva toda unha vida adicado a traballar a prol da recuperacíón, construción e divulgación da Gaita-de-foles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!