mércores, 22 de abril de 2020

Encaixe de palillos ou a liberdade do confinamento. Cap 13. NESPOON [ENCAIXE DE PALILLOS]

Nespoon, en Varsovia, mural
Spray, cerámica e pintura son as ferramentas que utiliza esta artista polaca chamada Nespoon. Como comentamos en anteriores post, esta semana dedicámola ao muralismo e artistas que relacionan o seu traballo co encaixe, directa ou indirectamente. Nespoon é unha das nosas artistas fetiche que nos dá paz e amor cando paseamos e vemos un encaixe colocado nunha casa abandonada, nun muro, praia que hai tempo que non visitamos ou estación de metro chea de traballadores cara á industria.






Nespoon viaxa ao redor do mundo para enchelo do seu propio mundo encaixeiro- grafiteiro-cerámico (valla a redundancia). Leva a linguaxe encaixeira á rúa e volvemos falar da descontextualización desa idea que temos preconcebida do que ten que ser un encaixe. Hoxe en día as ferramentas para facer un encaixe, como estades vendo os que nos seguides, non sempre son o fío; aínda que é verdade que é a nosa ferramenta máis prezada e a orixe da nosa arte.


2 comentarios:

  1. Que marabilla, encantoume o traballo desta rapaza!! ;D

    ResponderEliminar
  2. Pareceme que a genialidade non ten límites para esta artista.

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!