luns, 27 de abril de 2020

Libros: Instrumentos Musicais nos Museos de Urueña. [CAIM GAITA]

Joaquín Díaz e Luís Delgado dirixen dous dos museos máis interesantes que existen sobre Instrumentos musicais, ubicados ambos na localidade vallisoletana de Urueña. Trátase dunha selección de ambas institucións: O centro Etnográfico 'Joaquín Díaz', orientado a instrumentos tradicionais, en especial de Castela e León, e o Museo da Música 'Luis Delgado', que contén Instrumentos do Mundo, antigos, modernos e curiosos. Con estrutura de fichas dedica dúas páxinas a cada instrumento, a da dereita a unha fotografía de excelente calidade e a da esquerda inclúe un texto explicativo, que aínda que non é excesivamente profundo da unha idea clara da súa historia e uso. Así podemos atopar rabeis, cornos, dulzainas ou gaitas, fujaras, gadjicas, baixos eléctricos ou os primeiros sintetizadores.


Autores. JOAQUIN DIAZ, LUIS DELGADO
Ed. Fundación Joaquín Díaz, Museo de la Música Luis Delgado.
Urueña 2002
ISBN. 84-96165-00-0

Quero aproveitar para recomendarvos encarecidamente que, cando se poida, visitedes este fermoso lugar da provincia de Valladolid, Urueña, no que eu tiven o privilexio de pasar unha semana hai bastantes anos, cando andaba de xira por terras castelás co meu grupo Trisquel.
Situado a 50 kilómetros de Valladolid é a única vila do estado español que luce orgullosa o título de "Villa del Libro". Os seus museos, as súas librerías, a paisaxe que a rodea que é un casco antigo declarado Conxunto Histórico-Artístico no 1975, converten a esta vila nun lugar ao que paga a pena facer unha escapada.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!