Desde a aula de Deseño e Encaixe de Palillos queremos mostrarvos a artistas contemporáneos dentro desta especialidade para que comprendades que a arte téxtil tamén está á vangarda dentro do campo artístico e que moitos artistas desenvolven este traballo utilizando unha técnica tan ancestral como a que realizamos na EMAO.
A aula de deseño e encaixe de palillos comeza na escola en 1916, é dicir, somos unha das actividades máis lonxevas e descoñecida desta escola e por iso queremos mostrarvos o que significa facer encaixe de palillos e máis nunha sociedade contemporánea onde o concepto vai da man de novos materiais ou a figuración simula unha película de animación.
Como é o caso da artista que tratamos hoxe: Ulrika Berge.
Ulrika é unha artista que nos mostra a beleza coa emoción e trasládanos a mundos idílicos aéreos ou relacionados con soños pracenteiros. Esta artista sueca móstranos como podemos utilizar o fío para crear movemento ou simplemente deixarnos flotar. A natureza é un dos seus temas para tratar e desde o confinamento queriamos mostrar como o natural lévanos sempre cara á sorpresa.
Déixovos unha pequena película realizada coa técnica de stop-motion onde dúas flores realizadas con encaixe de palillos contemporáneo coñécense e namóranse. Espero que vos guste, é un pracer presentarvos a artistas como Ulrika Berge. Gozade!!!!
To Open Up from Ulrika Berge on Vimeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!