venres, 24 de abril de 2020

Lata [DEBUXO]

Para o alumnado do grupo Medio esta semana a proposta para empezar coa cor era debuxar:

UNHA LATA

Pero engadía que o acabado debía ser gráfico, non pictórico, aínda que sei que os límites poden quedar difusos, o obxectivo é que a cor lle dea aos debuxos unha achega máis de información pero con execución rápida e na que a liña teña presenza significativa.

PASOS DO PROCESO:

1.

















Collo o obxecto lata. Sitúoo nunha posición que me resulte atractiva. Comezo o debuxo co lapis 2H sobre a libreta de acuarela. Lavade as acuarelas, non fagades coma min. Que conste que despois desta foto as lavei.


2.


















Realizo un esquema atendendo á proporción e ás formas fundamentais e fixándome na tipografía, entendendo esta como debuxo, como forma, non como letra. Fago unha proba das cores que vou usar. O vermello non é o obtido directamente da caixa, é unha mestura do vermello-laranxa e o maxenta. O gris é o gris Pyne.
Reservo os brancos e aplico os tons máis claros.
Agardo que a primeira base de cor seque un pouco e aplico os tons intermedios, reservando, onde considere, eses primeiros claros que apliquei. É fundamental que vos fixedes ben onde se atopan esas diferenzas tonais e as forcedes un pouco.

3.


Podo axilizar o proceso do secado aplicando o secador.

4.


Sigo escurecendo. Agora fago outra mestura para obter un vermello un pouco máis escuro utilizando a cor complementaria, que é o verde. Vou utilizar un rotulador edding 1200 para comezar a rotular os negros intensos da lata. Nesta parte podería seguir traballando a cor e a mancha dun xeito máis concienzudo, pero quero axilizar o proceso e xa comezar coa liña.

5.


















Aplicando o edding 1200 nos negros a lata xa colle outra apariencia. Agora podo utilizar diversos útiles para trazar a liña. Eu utilizo o boli Bic e a pluma xaponesa. Vedes que traballo a liña con alegría, esborrancho sen medo, interpretando os tons intermedios e escurencendo con este recurso... Temos que pensar que estamos en tempos de execución curtos e interpretando o que vexo dun xeito áxil.

6.


















O acabado queda ao voso criterio, pero sempre utilizando liña.  Eu forcei os escuros coa liña e a mancha  na parte de abaixo, porque considerei que nos primeiros pasos debería ter obtido outros intermedios. Foi un xeito de arranxalo posteriormente. Gústame o resultado da parte superior pero non o da inferior. O tempo de execución foi de uns 45 min.

Agardo que vos guste

2 comentarios:

¡Anímate a participar cos teus comentarios!