Si que é verdade que non falaremos de encaixe como tal, se non do crochet, o que pasa é que esta artista ao igual que tódalas mulleres que xurdiron dos laboratorios téxtiles da BAUHAUS, deixaron unha boa pegada para que hoxe o encaixe contemporáneo tanto de palillos como de agulla se manteña nesa contemporaneidade de pensamento e traballo.
Ruth Asawa
Artista e activista a favor do poder da arte na educación, recoñecida polas súas esculturas de arame definidas como "contornos no aire". Esculturas que transmiten beleza, delicadeza e forza visual...
Escultora californiana de orixe xaponesa. Naceu en 1926, viviu o peche nun campo de concentración xunto coa súa familia e centos de miles de xaponeses durante a segunda Guerra Mundial, onde estiveron preto de 2 anos.
Foi alí onde decidiu que quería dedicarse á arte, pois tivo a oportunidade de estudar pintura e debuxo xunto a outros artistas internados. Activista a favor do poder da arte na educación. Estudou para ser mestra, pero foi imposibilitada para exercer debido á súa nacionalidade xaponesa. Discípula de Joseph Albers, viaxou a México, onde aprende a técnica para tecer cestas que logo aplicará ás súas esculturas de arame. Foi nai de 6 fillos, aínda que a tarefa non foi fácil, logra a harmonía suficiente para seguir adiante. Empeza a expoñer e a obter recoñecemento polas súas esculturas, chegando a cumprir o soño de ser educadora. En 1968 con apoio financeiro cofunda o Art-Workshop, un obradoiro no que ela e outros artistas ensinan aos nenos para traballar con elementos de reciclaxe. A filosofía de ensino foi baseada na súa experiencia persoal: os nenos desenvólvense como pensadores creativos e capaces de resolver problemas mediante a práctica da arte e a xardinería. En 1985 é diagnosticada de lupus e aos poucos a súa enerxía vaise debilitando e co paso do tempo vai deixando atrás as súas actividades. Falece aos 87 anos no seu fogar en San Francisco cumprindo ao longo da súa vida a maioría dos seus soños.
Un neno debe aprender sobre cor, sobre deseño e sobre a observación dos obxectos da natureza. Ao facer iso, tomará unha maior consciencia sobre as cousas que o rodean. A arte fai que a xente sexa mellor, máis cualificada no pensamento e mesmo na mellora de calquera negocio. Fai que unha persoa sexa máis completa.
Ruth Asawa
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!