Coa temática da moda sostible e a actual situación que estamos a vivir co covid-19, o colectivo galego
Fento está a levar a cabo uns directos por instagram. Hoxe tócalle a Silvia de
Lechanelas que falará da súa divertida marca de roupa serigrafada e confeccionada artesanalmente. Actualmente ten o seu obradoiro en Finlandia e esta tarde ás 18:00 horas respostará as vosas preguntas
a través do chat.
Este é o programa desta semana de Fento:
Forman parte deste colectivo xente relacionada coa nosa escola. A marca
Mico Textil é de Alba, exalumna das especialidades de moda e confección e tamén de serigrafía artística. Ambas disciplinas mestúranse nas súas creacións.
E, como non ía estar presente
A canalla! Detrás desta marca están incansables Francisco e Patricia, quen tamén estivo na aula de serigrafía (polas circunstancias breve pero intenso). Deixo aquí algunha imaxe dos seus traballos serigrafados:
Saúde e ánimo !
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!