Helene Bertaux
Helene Bertaux naceu en París o 4 de xullo de 1825, comezou moi cedo a traballar no taller do escultor Pierre Hérbet e continuaría formándose co escultor Agustin Dumont. Casou co pintor León Bertaux con quen ten un fillo. Aínda que o seu matrimonio dura poucos anos, Helene seguirá asinando co nome de Madame León.
As súas primeiras obras son pequenas esculturas para reloxos de péndulo, moi de moda na época; as súas esculturas de maior formato representaban escenas relixiosas e mitolóxicas.
Coñece a Monsieur Paillard, representante de obxectos artísticos, sobre todo pequenos bronces, que se converterá no seu marchante, xogando un papel clave na súa carreira como amigo e mediador cos círculos artísticos.
Jaune fille au bain, 1878 |
Helene foi unha escultora académica, cunha traxectoria expositiva extensa e recoñecida, o seu traballo foi recoñecido polos seus colegas masculinos cando realizou o encargo para a fachada das Tullerias en 1864, o frontón "A Navigation", en 1878 un segundo frontón para o patio do Carrusel do Louvre, "A Législación", e no mesmo ano a súa escultura "Jeune fille au bain" (rapariga no baño).
Obtivo distintos premios como a medalla de ouro da Exposición Universal de París de 1889 e tres medallas nos salóns de 1864, 1867 e 1873, o seu nome foi recoñecido pola prensa e revistas artísticas do momento.
Psyché sous l'empire du mystère |
En 1881 creou a institución Unión de Mulleres Pintoras, Escultoras e Gravadoras, para proporcionar un foro onde expoñer os traballos de artistas noveis e consagradas, editando unha revista mensual da que era directora. Creou varios premios económicos para as mulleres artistas e foi unha feminista loitadora para que a *École des Beaux-Arts abrise as súas portas ao xénero feminino e que houbese representación feminina no xurado do Salón de arte, sendo elixida como a única muller desde 1896 ata a súa morte en 1910.
A Navigation, 1864 |
Helene deixa o seu cargo na Unión en 1894 e a escultura en 1897, á idade de 72 anos. Pasou retirada no seu Castelo Lassay os últimos anos da súa vida ata a súa morte en 1909.
Foi unha artista comprometida con lograr o recoñecemento do dereito da muller á educación das Artes. Grazas a ela as mulleres artistas entraron na École Nacional des Beaux-Arts de París en 1807.
Enlaces Web e bibliografía
Gracias Rosa.
ResponderEliminarMediante este apartado imos descubríndo nomes de mulleres artistas que de outro xeito non conoceríamos. Son mulleres excepcionais que pola súa arte forman parte da historia.
Un Forte aplauso a Helene, polo seu compromiso en favor das súas colegas.
De eso se trata Emilia, que nos acerquemos a esas artistas que no son tan conocidas, no por no ser merecedoras de ello, sino porque durante muchos años nadie tuvo interés en colocarlas en el lugar que merecen.
ResponderEliminar