mércores, 29 de abril de 2020

Debuxos desde o búnker II [DEBUXO]

O noso amigo Ramón Trigo, que nos deleitou cos seus "debuxos desde o búnker", confiando en que o confinamento nese espazo reducido durase 15 días, remataba súa libreta, encheu do seu vómito artístico as páxinas coas que contaba, pero rematouna. Eses que ían ser 15 días, convertéronse nunha verdadeira e prolongada corentena... e o tempo segue a pasar.
Ramón tivo que saír do búnker. Atravesou un campo de minas e obstáculos de fío de púas entre os disparos cruzados dos inimigos, pero puido conseguir o papel co que seguir o seu diario de debuxos.
O outro día comezou o seguinte caderno con tres debuxos que titulou "Encontros inusitados", agora en técnicas secas :

DEBUXOS DESDE O BÚNKER II 

16 de Abril. Encontros inusitados. I



17 de Abril. Encontros inusitados. II


18 de Abril. Encontros inusitados. III


20 de Abril. O tedioso regreso a Londres


21 de Abril. De volta á metrópole




Para seguir este traballo: MOI RECOMENDABLE


Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!