Onte falabamos dalgúns museos que ofrecen a posibilidade de visitas
virtuais guiadas ou o acceso a gran parte das súas coleccións. Entre
eles estaba o MoMA (Museum of Modern Art).
Hoxe volvemos a este museo porque ofrece unha playlist con cancións inspiradas por artistas e as súas obras de arte.
Algúns exemplos son: o cantante e compositor Don McLean que escribiu a súa canción "Vincent" inspirado pola noite estrelada de Vincent van Gogh.
Stephen Sondheim e James Lapine escribiron un musical completo, “Sunday In the Park With George”, inspirados na pintura puntillista de Georges Seurat, “Tarde de domingo na illa da Grande Jatte” .
Na canción "Ata logo, Frank Lloyd Wright" Paul Simon utiliza o falecemento do arquitecto como unha metáfora da súa inminente separación de Art Garfunkel.
Peter Gabriel escribiu a canción "Don’t Give Up" despois de ver a exposición "Dust Bowl" da fotoperiodista Dorothea Lange .
A continuación podemos ver unha lista de reprodución destas e doutras melodías froito da emoción que algúns artistas e as súas obras de arte produciron nestes cantantes e compositores.
Qué bueno!
ResponderEliminar