luns, 27 de abril de 2020

Novos Libros para a Biblioteca da EMAO. 3 [BIBLIOTECA]



Continuamos coa relación de libros adquiridos recentemente. Hoxe traemos bibliografía para as especialidades de moda e confección, artesanía do coiro, cerámica, pintura e música. Todos estes títulos forman parte do fondo moderno da nosa biblioteca, especializado en arte e oficios artísticos e tradicionais. Espero que os poidades consultar pronto.
Técnicas de patronaje de moda. Vol 1, cómo realizar faldas, pantalones y camisas, mujer-hombre / Antonio Donnanno ; ilustraciones de Elisabetta Kuky Drudi.-- Barcelona : Promopress, 2019
Técnicas de patronaje de moda. Vol. 2, cómo realizar camisas, lencería, vestidos y trajes, chalecos y chaquetas masculinas mujer-hombre / Antonio Donnanno ; ilustraciones de Elisabetta Kuky Drudi.-- Barcelona : Promopress, 2016
Técnicas de patronaje de moda. Vol. 3, cómo realizar chaquetas, cazadoras, anoraks y abrigos mujer-hombre / Antonio Donnanno ; ilustraciones de Elisabetta Kuky Drudi.--Barcelona : Promopress, 2017

No primeiro volume abórdase en profundidade o coñecemento do padronaxe empezando por un estudo detallado das medidas e a constitución das persoas, a tecnoloxía téxtil e a terminoloxía dos xastres.
No segundo, analízanse os distintos procedementos para manipular as pezas. As técnicas para crear padróns de xéneros de punto, vestidos básicos e como adaptalos.
No terceiro do mesmo xeito que nos dous anteriores, todos os padróns explícanse coa máxima claridade e sinxeleza. Dirixido a padronistas, xastres, estilistas e estudantes da moda.



Novelty : coin purses / by Al e Ann Stohlman.-- Fort Worth (Texas) : The Leather Craftsman, cop. 1988
Australian leather carving / by Peter Main.-- Camden (Australia) : The Australian Leather Craftsman Publications, cop. 1997
Ethnic style designs / by Serge Volken.-- Rhinelander ( EE.UU.) : The Leather Crafters & Saddlers Journal, cop. 2016
Knot work designs / by Serge Volken.-- Rhinelander ( EE.UU.) : The Leather Crafters & Saddlers Journal, cop. 2017
Foliage and organic designs / by Serge Volken.-- Rhinelander ( EE.UU.) : The Leather Crafters & Saddlers Journal, cop. 2019
Australian Leather Carving foi a primeira publicación de Peter Main en 1997. Este caderno de 48 páxinas a toda cor contén instrucións paso a paso sobre a talla da fauna e flora australianas.
Novelty: coin purses é un caderno de 37 páxinas que inclúe instrucións de montaxe paso a paso e padróns de tamaño completo para dez proxectos de moedeiros. Con formas diversas, de tartaruga, peixe, serpe, bolboreta, oso polar, ferradura e máis...
Belt Ornaments é a última creación de Serge Volken, tamén coñecido como "Bigfoot", sorprendeu a máis dun na escena do coiro coas súas innovadoras ideas de deseño. Nestes tres cadernos móstranos diversos motivos decorativos para cintos, deseños étnicos, con nós, con ornamentación floral.


Cómo dominar el torno de alfarero : técnicas, consejos y trucos para ceramistas / Ben Carter ; [prólogo de Linda Arbuckle].-- Barcelona : Acanto, cop. 2019
Unha guía completa sobre a utilización do torno. Comeza cunha introdución sobre a utilización do torno, desde o centrado ata a creación de formas básicas. Este libro ofrece un mundo de posibilidades para os ceramistas que van desde unha variedade de métodos para tornear grandes obxectos como vasos e bandexas, ata a elaboración de modificacións, o paleteado e o pinzado da cerámica. O autor foi elixido Artista do ano 2016 polo Anuario de Artes Cerámicas.


El color como material y recurso visual / Peter Boerboom y Tim Proetel.-- Barcelona : Gustavo Gili, cop. 2019
Peter Boerboom e Tim Proetel comparten unha infinidade de técnicas, recursos e efectos gráficos -como a transparencia, as veladuras, as pingas ou o ritmo- para que principiantes e profesionais descubran o potencial expresivo da materialidade da cor e os seus efectos na nosa percepción visual. Un compendio práctico que rapidamente se converterá no aliado indispensable para a experimentación visual.







Luz y color : la guía de los profesionales del arte y la imagen / James Guerney.-- Madrid : Anaya Multimedia, D.L. 2015
Existen dúas ferramentas fundamentais na vida e a obsesión de calquera artista: a luz e a cor. Este libro non pretende ofrecer só receitas sobre como mesturar as cores nin se limita a describir as técnicas de iluminación. Este libro contesta as preguntas máis frecuentes que se fan os artistas: Que pasa coas cores do ceo durante a posta de sol?, como varían as cores segundo a distancia?, como conseguimos que unha forma pareza tridimensional? Manual para artistas tradicionais e dixitais de calquera nivel, esta guía vén encher o gran baleiro que hai entre a teoría abstracta e o coñecemento práctico.



  
        
Cantigueiro de Cotobade / Antonio Fraguas.-- Vigo : Galaxia, D.L. 2019
Do autor do día das Letras Galegas de 2019, publicado por vez primera en 1985. Esta compilación iniciouna Antonio Fraguas nos seus tempos de estudante en Pontevedra. Nas súas propias palabras, este “traballo non é máis que unha contribución ao cancioneiro galego. As cantigas son vellas manifestacións dun mundo desaparecido, transformado […]. A cántiga ten a súa vida en toda Galicia, a terra onde, sen lugar a dúbidas, se cantou máis”. Oradaladou pon a música a trece cantigas recollidas noutros tantos lugares da comarca de Cotobade, terra natal de Antonio Fraguas.


Máis información :

Novos Libros para a Biblioteca da EMAO. 1
Novos Libros para a Biblioteca da EMAO. 2

1 comentario:

¡Anímate a participar cos teus comentarios!