luns, 20 de abril de 2020

O Quixote ilustrado II [DEBUXO]

Atopámonos no século XVIII, o século das luces e da Ilustración, dos grandes pensadores como Descartes, Rouseau, Espinozza, do poderío británico como potencia colonial.
En arte é o século dos estilos Rococó e Neoclásico, o primeiro hedonista e compracente e que expresará, sen querelo, a decadencia da monarquía absoluta, e o segundo como unha esperanza revolucionaria que toma a antigüidade clásica como referente estético.

O QUIXOTE DE COYPEL: ROCOCÓ EN ESTADO PURO

Un Quixote fóra de contexto.

Comezamos os Quixotes do S. XVIII en Fancia. O pintor parisino Antoine Coypel recibe o encargo de  decorar as residencias reais. Con ese fin realizará unha serie de tapices para o pazo de Versalles coa temática quixotesca. Este traballo que se materializa en 27 pezas levoulle a Coypel media vida, desde 1714 ata 1751. O resultado é un Quixote irreal, ao estilo indolente da época, pero curioso. Ver como a paisaxe ruda castelá se troca en paisaxe verde e como os espazos interiores están decorados ao gusto do exquisito estilo francés da época... resulta curioso.

Cartón para o Quixote. Coypel 1751
Tapiz sobre o Quixote. Coypel
A EDICIÓN INGLESA EN ESPAÑOL. 1738
Pero haberá artistas que, polo seu individualismo, polo seu xeito de traballar tan adiantado ao seu tempo non poderemos adscribilos a ningún destes dous estilos. Se existe neste contexto un gran ilustrador, debuxante e pintor que revolucionará a estética debuxística cun persoal estilo, sendo pioneiro da denominada "caricatura moral" e que influiría posteriormente a gran xeración de ilustradores ingleses do XIX, mesmo o gran Goya, ese foi  Willian Hogarth.

HOGARTH E O QUIXOTE
Hogarth foi un dos elixidos para ilustrar o Quixote edición inglesa de 1738, pero a súa proposta quedou rexeitada. A novidade do estilo de Hogarth non lle gustou a Lord Carteret, o promotor, e a Jacob Tonson, o editor. As estampas consérvanse pero só foi publicada unha imaxe e o encargo de ilustrar esta edición inglesa, pero en lingua castelá, foi para John Vanderbank, un recoñecido retratista británico. Esta sería a edición máis luxosa do Quixote ata a data.

ESTAMPAS DE HOGARTH. MUSEO DO PRADO.

Ilustración de Hogarth para o Quixote. Sobre 1729
Ilustración de Hogarth para o Quixote. Sobre 1729

ESTAMPAS DE VALDERBANK

Estampa de edición final de 1738

Estampa da edición final de 1738
En 1742, en vista do éxito da edición en español, Tonson realiza a edición en inglés achegando novas pranchas que non aparecen na primeira.

POR FIN!!!.. A GRAN EDICIÓN ESPAÑOLA ILUSTRADA. 1780

Estamos no reinado de Carlos III no ano 1773. A Real Academia Española toma a decisión de realizar un gran proxecto editorial co fin de publicar o mellor Quixote ilustrado ata a data. Quérese superar a edición inglesa, incluso a posterior de Tonson realizada polo gravador Francis Hayman en 1755.  O rei aplaude este proxecto.

Edición inglesa realizada por Hayman. 1755.

O obradoiro elixido para este proxecto será o de Joaquín Ibarra, que xa editara unha magnífica edición do Quixote en 1771. O novo proxecto requirirá de varios anos de traballo. Fabricarase un papel especial para a edición, incluso a tipografía, e encargaranse as pranchas aos mellores ilustradores e  gravadores da época. Serán seis debuxantes, aínda que o groso da obra corresponde a Antonio Carnicero e a José del Castillo

Antonio Carnicero. Edición de 1780
José del Castillo. Edición de 1780



Outros debuxantes da mesma xeración que participaron no proxecto son:  Bernardo Barranco, José Brunete, Gregorio Ferro e Jerónimo Antonio Gil, así como destacados gravadores como José Joaquín Fabregat, Francisco Montaner, Juan Barcelón, etc.

GOYA E O QUIXOTE

Parece ser que a Real Academia convocou un concurso para seleccionar aos ilustradores desta grande edición, ao que concorreu o xenial Goya. Como lle acontecera a Hogarth en Inglaterra uns 50 anos antes, Goya tamén foi rexeitado como ilustrador do Quixote, e iso que intentou non ser demasiado "antiacademicista".  Quizais non foi quen de mostrarse conservador ao estilo neoclásico da época e a súa graza e orixinalidade non foi do agrado do xurado. ¿Imaxinades esta edición ilustrada polo xenial pintor, debuxante e grabador? Un Quixote na liña dos Caprichos sería toda unha delicia.

Imaxe de Goya para o Quixote. 1777


Goya e o Quixote . Goya e o  Quixote 2. Deixo estes enlaces tan interesantes.

Hoxe coñécese esta monumental obra como o Quixote de Ibarra . Podedes consultar máis neste enlace, incluso adquirir a obra edición facsimil publicada pola RAE.

2 comentarios:

  1. Tanto esta entrada como a anterior sobre as edicións ilustradas do Quixote son moi interesantes. Parabéns!!!
    Que mágoa que non saíse adiante o que seguro sería unha marabillosa edición do Quixote ilustrada por Goya.

    ResponderEliminar
  2. Pois si ,e a do inglés Hogarth...imaxina.

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!