
-¿Que ten o coiro que non teña outro material?-Para o meu pensar o coiro é un material moi versátil que permite facer pezas ríxidas e flexibles, moi transformable.
-¿Dentro das técnicas que coñeces, cal é a túa favorita?-Gústanme todas.
-¿Que peza tes ganas de facer e aínda non fixeches?-Sempre teño cousas novas por facer, pero levo anos cun proxecto de reciclaxe de retrincos que non me sae da cabeza.
-¿Que consello lle darías a alguén que está a empezar?-O meu consello sería que experimente moito, e gozar dos resultados.
-¿Tes algunha ferramenta especial?-A miña ferramenta máis querída é de meu avó, ao que non coñecín, xa que faleceu antes de eu nacer.
-¿Tes algún referente no oficio que consideres como inspirador?-Os meus referentes máis importantes son miña tía Agripina e meu pai Alfonso no oficio de zoqueira, e no traballo do coiro é Ramón Rappa de Lugo, coñézoo dende pequeniña e sempre foi moi xeneroso ensinándome, ademais de ser un gran artesán do coiro.
Elena Ferro
Merza-Vila de Cruces
http://elenaferro.com/info@elenaferro.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!