Hoxe imos traballar un pouco. Este exercicio está orientado para os alumnos do curso básico, cara á posibilidade (no momento que poidamos retomar as clases presenciais) de modificar o aspecto exterior da gaita de cada un segundo os vosos propios gustos estéticos.
De momento imos empezar co ronco, para logo continuar co resto da gaita.
Tede en conta que só podemos modificar o exterior respectando sempre as cotas interiores, e deixando sempre suficiente parede entre o furado interior e o torneado exterior para evitar roturas.
Lembrade que no ronco podemos facer exteriormente o que nos apeteza, coa única limitación dos parámetros interiores e, por suposto, a vosa imaxinación e creatividade.
Animádevos tamén os alumnos de superior, que poden saír deseños incribles.
Por suposto calquera dúbida ou atranco co que vos atopedes poderemos solucionalo, enviádeme os bocetos e imos arranxando problemas ou erros.
A continuación tedes as ligazóns de onde podedes descargar os arquivos en bruto para deseñar, e os planos de exemplo das pezas para ter unha referencia coas medidas.
1ª do ronco para deseñar
2ª do ronco para deseñar
Copa do ronco para deseñar
1ª do ronco exemplo
2ª do ronco exemplo
Copa do ronco exemplo
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!