xoves, 23 de abril de 2020

Cervantes na Biblioteca García Barbón da Escola Municipal de Artes e Oficios [BIBLIOTECA]

Imaxe da edición da Biblioteca Universal Ilustrada, 1875

Cada 23 de abril celébrase en todo o planeta o "Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor", desde que se acordou na 28ª reunión da UNESCO en 1995. Esta data simbólica coincide coa da desaparición dos escritores William Shakespeare, Miguel de Cervantes e Inca Garcilaso de la Vega, aínda que esta última afirmación é moi discutible. 
Este día rende homenaxe aos libros e aos autores e fomenta o acceso á lectura para o maior número posible de persoas. Cada 23 de abril sucédense celebracións en todo o mundo para dar a coñecer o poder máxico dos libros, un nexo entre o pasado e o futuro, unha ponte entre xeracións e distintas culturas.
A nosa biblioteca quere sumarse a esta conmemoración facendo unha relación das obras de Miguel de Cervantes que se conservan no noso fondo histórico.


Da obra máis famosa de Cervantes, "El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha", temos varios exemplares publicados en diferentes datas:

Vida y hechos del ingenioso cavallero don Quixote de la Mancha / compuesta por Miguel de Cervantes Saavedra ; parte primera.-- En Amberes : en casa de Geronymo y Juanbautista Verdussen, 1673

Vida y hechos del ingenioso hidalgo Don Quixote de la Mancha / compuesta por Miguel de Cervantes Saavedra ; con muy bellas estampas... en quatro tomos.-- En Haia : por P. Gosse y A. Moetjens, 1744

Vida y hechos del Ingenioso Caballero Don Quixote de la Mancha / compuesta por Miguel de Cervantes Saavedra.-- Madrid : en la Imprenta de Antonio de Sancha, 1777. 3 v.



Outras edicións do Quixote na nosa biblioteca son:

El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha / por Miguel de Cervantes Saavedra.-- Madrid : Biblioteca Universal Ilustrada, 1875

El ingenioso hidalgo Don Quijote de La Mancha / compuesto por Miguel de Cervantes Saavedra.-- Sevilla: Francisco Álvarez y Cª, 1879

El Ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha / compuesto por Miguel de Cervantes Saavedra ; y comentado por Diego Clemencín.-- Madrid : Librería de la Viuda de Hernando y Cª, 1894

El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha / de Miguel de Cervantes Saavedra.-- Madrid : Ediciones de la lectura, 1911-1913

El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha / Cervantes ; edición y notas de Francisco Rodríguez Marín.-- Madrid : Ediciones de "La Lectura", 1922-1923
Outras obras de Cervantes salientables son:



    Los trabaios de Persiles y Sigismunda : historia setentrional / por Miguel de Ceruantes Saauedra.-- Em Lisboa : por Iorge Rodriguez, 1617. É a obra póstuma de Miguel de Cervantes, publicada ao ano seguinte da súa morte. Apareceu en 1617 en Madrid e case simultáneamente en Barcelona, Lisboa, Valencia, Pamplona e París


      Istoria settentrionale, de tranagli di Persile e Sigismonda : diuisa in quattro libri / di Michele di Cervantes Saavedra... ; di nueuo dalla lingua castighana nella nostra italiana Tradotta dal signor Francesco Ellio Milanese.-- In venetia : par Bartolomeo Fontana, 1626  




      Trabajos de Persiles y Segismunda : historia setentrional  / por Miguel de Cervantes Saavedra... Madrid : por D. Fermin Villalpando, 1799

      Novelas exemplares / de Miguel de Cervantes Saavedra ...; tomo II.-- En Madrid : por don Antonio de Sancha.., 1783

      Novelas ejemplares / por Cervantes Saavedra ; tomo I.-- Madrid : Imprenta Central a cargo de Victor Saíz, 1878.-- (Biblioteca clásica)

      Novelas ejemplares / Cervantes ; edición y notas de Francisco Rodríguez Marín.-- Madrid : Ediciones de "La Lectura", 1914-1917

      Viage al Parnaso / compuesto por Miguel de Cervantes Saavedra ...; publicanse ahora de nuevo una tragedia y una comedia ineditas del mismo Cervantes, aquélla intitulada La Numancia, ésta El trato de Argel.-- En Madrid : por don Antonio de Sancha, 1784

      Obras completas / Miguel de Cervantes Saavedra ; recopilación, estudio preliminar, prólogos y notas por Ángel Valbuena Prat.-- 9ª ed.-- Madrid : Aguilar, 1952 


      Tamén conservamos no noso fondo histórico unha biografia sobre Miguel de Cervantes, da que aquí tedes unha imaxe:


      Vida de Miguel de Cervantes Saavedra / escrita e ilustrada... por Martín Fernandez de Navarrete.--Madrid : La Real Academia Española, 1819
       
      Espero que esta información sexa do voso interese. Feliz Día do Libro!!!

      3 comentarios:

      ¡Anímate a participar cos teus comentarios!