martes, 7 de abril de 2020

Viaxeiros polo mundo da escultura [TALLA E ESCULTURA]


#esculturasporelmundo




Hoxe moit@s de nós deberíamos estar viaxando ou noutros destinos a moitos quilómetros dos nosos fogares, algo normal nestas datas, moit@s tivemos que cancelar os nosos plans, é parte dos múltiples danos colaterais desta pandemia que nos mantén encerrados. Polo que non nos queda outra que repensar a situación, ser creativos, e reinventar esta Seman Santa que nos tocou vivir. Así que dende este espazo de comunicación queremos abrir unha fiestra ao mundo exterior, ese mundo viaxeiro que moit@s adoramos, ese mundo cheo de cousas interesante que ver, experimentar, fotografar, e almacenar nun caixón do noso cerebro, e por suposto esta é unha fiestra que abro especialmente á arte, xa que é un vínculo entre nós, a arte viaxeira, a eses lugares que descubrimos noutros momentos da nosa vida, ou que sabemos da súa existencia e queremos descubrir en próximos mellores momentos.



Así que a miña proposta para esta Semana Santa na casa é  facer un gran muro con eses lugares que coñecimos ou queremos coñecer pero sempre ligados a unha obra escultórica en particular, pode ser dese lugar que tivemos que cancelar ou dalgún lugar que visitamos noutra ocasión ou dese lugar do que sabemos que se atopa a obra dese/a escultor/a que adoramos e queremos compartir con tod@s.
Espero que esta viaxe sexa do voso agrado e poidamos viaxar xunt@s por eses lugares da escultura polo mundo.

————--Dinámica de traballo:


1. Elixo a escultura ou grupo escultórico que quero compartir.

2. Buscó unha foto miña (na que podo saír retratado/a ou  non) ou se quero fago unha fotomontaxe. Porqué non?

3.  Subo a imaxe ao muro creado para este proxecto na plataforma Padlet.

4. Alí ademais da imaxe, dou os datos da obra, autor/a, o lugar onde se atopa (país, cidade, museo ou rúa), e conto  porqué elixín esa peza.

5. Etiquétoa co hashtag se teño instagram para poder publicala nun muro aberto para o proxecto. #esculturasporelmundo ó etiquetar a foto con site hashtag facémola visible.

Déixovos aquí un pequeno titorial para subir as fotos e o texto á conta de Padlet


Ista é a miña primeira achega:

Autor: Jaume Plensa
Escultura: Crown Fontaine
Ubicación: Millenium Park de Chicago
Comentario: Elixo esta obra de Plensa porque creo que representa aquilo que anhelamos neste momento,  un lugar de encontro!, pero á vez é unha peza onde se mostran imaxes virtuais (como ocorre nestes intres) de cidadáns anónimos de Chicago que interactúan co espazo xogando a verter auga á praza para que outros gocen do espazo, é unha peza que fala de facer comunidade, algo do que falamos tanto nestes días. Paréceme marabillosa!




——————-Recursos:

Aquí coloco algúns enlaces para que viaxedes por museos e cidades e descubrades esas esculturas que se encontran polo mundo! Atar o cinto que despegamos!!!!
Museos virtuales
Land art


Las 26 esculturas que hay que ver antes de morir
15 esculturas contemporáneas asombrosas
Jaume Plensa
Jaume Plensa documental imprescindibles
Joana Vasconcelos


Doris Salcedo
Louise Bourgeois 

Ernesto Neto, El cuerpo que me lleva


Yayoi Kusama


Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!