Onte comezabamos esta serie de entradas
con tres dos máis importante museos españois. Pero son moitos máis
os que podemos visitar desde as nosas casas. Hoxe imos visitar outros
museos españois que están moi relacionados coas disciplinas que se
imparten na nosa Escola. Nalgúns deles a oferta dixital é moito
máis pequena da que viramos nos grandes museos.
Atesoura unha das mellores coleccións de escultura de toda Europa e, posiblemente, a mellor colección de madeira policromada do continente. Cun fondo composto por máis de 3.000 pezas, destaca o seu impecable catálogo de talla en madeira dos séculos XIII ao XVIII, onde non faltan os grandes mestres universais do xénero.
Atesoura, así mesmo, o conxunto de copias artísticas dos séculos XIX e XX procedente do desaparecido Museo Nacional de Reproducións Artísticas. Á altura dos seus magníficos fondos está a súa sede principal, o Colexio de San Gregorio, agora pódese gozar da tridimensionalidade da arquitectura e a escultura nun percorrido artístico que abarca desde o século XIII ata o XVIII.
Este museo forma parte do catálogo do Patrimonio español contido no programa ArsVirtual a través do cal se pretende reforzar a relación do Museo coas novas tecnoloxías aplicadas á realidade virtual en 3D. Visita virtual á colección permanente. Colexio de San Gregorio
Este museo tamén ten a súa canle de Youtube MuseoEscultura. Participa no Google Art Project, con 46 obras mestras de artistas como: Alonso Berruguete, Gregorio Fernández, Francisco de Zurbarán, Juan de Juni ou Alonso Cano. Tamén ofrece unha App accesible para persoas con discapacidade sensorial. Pódese descargar o videoxogo do Museo, « Sculptures & Adventures», apto para nenos e adultos que gozan como nenos.
Este museo tamén ten a súa canle de Youtube MuseoEscultura. Participa no Google Art Project, con 46 obras mestras de artistas como: Alonso Berruguete, Gregorio Fernández, Francisco de Zurbarán, Juan de Juni ou Alonso Cano. Tamén ofrece unha App accesible para persoas con discapacidade sensorial. Pódese descargar o videoxogo do Museo, « Sculptures & Adventures», apto para nenos e adultos que gozan como nenos.
REAL ACADEMIA DE BELLAS ARTES DE SAN FERNANDO
É a institución artística de máis longa traxectoria e maior vixencia cultural en España. É unha das oito Reais Academias de alcance nacional integradas no Instituto de España que ten por obxecto "fomentar a creatividade artística, así como o estudo, difusión e protección das artes e do patrimonio cultural, moi particularmente da pintura, a escultura, a arquitectura, a música e as novas artes da imaxe" Conta cun patrimonio de máis de 1.400 pinturas, 1.300 esculturas, 15.000 debuxos, 10.000 ferros de gravado, 20.000 estampas e outros obxectos de artes decorativas.
Ofrece un percorrido interactivo polas catro plantas do edificio da Academia e polas obras fundamentais das súas coleccións artísticas.
Desde a súa páxina web podemos visitar as súas coleccións e observar as obras a través de Google art & Culture con todo detalle. Tamén se poden descargar as aplicacións para móbiles da Real Academia que servirán de guía e mellor a experiencia da visita ao museo.
Está situado no Palacio do Marqués de Dos Aguas, na cidade de Valencia. É froito da paixón pola cerámica e o coleccionismo do seu
fundador, de quen leva o seu nome. Á extensa representación de cerámica
española e estranxeira, con especial relevancia da valenciana, únense
coleccións de artes decorativas. Na súa páxina web dános cumprida
información sobre a institución, a súa historia, actividades, inclúe recursos educativos, publicacións, unha vidioteca, etc. Pódese facer unha visita virtual do Museo, tamén ten a aplicación de Cloudguide “Cerámica arquitectónica en Europa”, que ofrece información sobre 150 edificios con cerámica aplicada de 22 países europeos.
Con sede en Madrid, é un dos museos máis antigos e ricos do chamado
Triángulo da arte, ilustra a evolución das chamadas «artes industriais»
ou «menores» (mobles, cerámicas e vidro, téxtiles, etc.),
principalmente entre os séculos XV e XX.
Desde a súa páxina web pódese facer unha visita virtual dunha cociña
procedente dun palacio valenciano que describe a vida doméstica da
segunda metade do século XVIII.
É un museo novo, nado en 2004, pero os seus fondos xa
estaban en 1925 adscritos e expostos noutros museos, fundamentalmente
no Museo do Traxe Rexional e Histórico.
En 2004, case oitenta anos
despois da creación daquel museo, creouse o actual Museo do Traxe para
reunir as coleccións que estaban dispersas. Contén unha gran variedade
de coleccións históricas e contemporáneas. A Misión deste museo é conservar, protexer e promover as coleccións de indumentaria e moda que custodia.
Pódense percorrer as salas do museo nunha visita virtual fotográfica de
360º, así como visualizar información de cada un dos bens culturais
expostos, esta visita
virtual funciona como catálogo dixital da Exposición Permanente do Museo
do Traxe. Este museo está pechado por obras de mellora desde o 2 de marzo ata o próximo outono.
Espero que esta selección sexa do voso agrado. En breve faremos un circuíto por algúns museos europeos e americanos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!