PARTE II
A creación de este colar ainda que podades pensar que non está relacionado co traballo en metal si que é un bo exercicio creativo, resolutivo e de deseño.
Aquí tedes a proposta
https://emaonlinecovid.blogspot.com/2020/03/vamos-crear-un-colar-con-materiais.html
No proceso de creación, o material que empreguedes vai condicionar a obra e hai que resolver cuestións técnicas, creativas e funcionais.
Toda creación de un deseño debe respostar a funcionalidade e a beleza con armonía.
Os elementos estéticos cós que se crea un deseño son:
- Forma: esta constitúe a cualidade que define a apariencia externa de un obxeto.
- Cor: con ela transmitimos emocións e xeramos composicións cromáticas.
- Textura: é a pel do obxeto, o recheo de unha superficie e cada material ten a súa coa que nos transmite sensancións (frío, áspero, brillante, ...)
- Volume: é o espacio que ocupa una superficie tridimensional.
- Composición: é o equilibrio visual xerada a través das relacións compositivas entre os distintos elementos de un conxunto. Na composión influe o tamaño, as proporcións, a simetría ou asimetría, o equilibrio, o ritmo, etc.
Falamos de coherencia formal cando todos estos elementos forman unha unidade armoniosa e equilibrada,
así que sexa para este exercicio ou para outros, sempre hay que ter en conta a parte da funcionalidade do obxeto estes elementos da creación artística.
Proceso de Construcción do meu colar con materiais reciclados neste caso envases de plástico, cando o remate amoso os resultados. |
E agora sí ¿Cómo van eses colares?
Xa recibín imaxes de algúns que vos que vou amosar a continuación,
podedes enviarme a imaxe e a relación dos materiais empregados a esta dirección: sandra.dejesus@vigo.org
Peza de Marian del Hierro feita con pedras de rio, resina blanca, resina azul e cordón |
Peza de Marian del Hierro feita tecidos, pedras e resina |
Peza de Rosa Vázquez feita con fío de tecer e caperuzas de landra |
Peza de Rosa Vázquez feita con fío de calcetar con apresto de cola e cristais de praia |
Peza de Inés Elorrieta feita con arame, tul, fío, cerámica e abalorios prateados e alfinetes con perla. |
Peza de Dana Rodríguez feita con cable, poliestireno e envoltorio de chocolatina, con estética de Blade Runner ;D |
Dar as grazas as alumnas pola súa creatividade e actitude ;DDD
Xeniais os traballos desas alumnas!
ResponderEliminarQue propostas máis interesantes!!!
ResponderEliminarBen polo teu alumnado!!!